Skip to Content

Día escolar da non violencia e da PAZ

O pasado martes 30 de xaneiro, conmemoramos no noso centro o "Día escolar da non violencia e da Paz", traballando unha vez máis, non só de xeito transversal, as actitudes, vivencias, experiencias,... que poñan en valor a liberdade persoal, a tolerancia, a solidariedade, o respecto, a non violencia, a resolución pacífica dos conflitos e a prevención dos mesmos, a igualdade, etc.

Este ano, para celebrar dito día, levamos a cabo as seguintes actuacións:

-- Repetimos a actividade do curso pasado no que o noso alumnado buscaba patrocinadores que doasen unha cantidade de cartos por cada volta á Milla feita polos nenos/as ese día. Os máis pequenos (3 e 4 anos) deron voltas polo patio de primaria. Os cartos recaudados coa actividade "quilómetros de solidaridade" será a favor de "Save The Children". 

 (alumnado de 3 e 4 anos no momento da realización de dita actividade no patio de primaria)

-- O alumnado de 4 anos levou a cabo a teatralización dunha adaptación persoal do "Monstro de cores", previo traballo das emocións na aula, seguindo a liña de traballo marcada polo propio ciclo no que, este curso escolar, toda a 2º ciclo da Educ. Infantil está traballando os sentimentos e as emocións.

(ensaio da obra o día anterior, no ximnasio do centro)

-- A continuación, todo o alumnado do centro, cantamos a canción en inglés "Don't worry, be happy", previo traballo das mestras especialistas en Lingua Estranxeira do noso colexio. Podedes ver os vídeos no enlace do blogue de Plurilingüe do noso centro: http://englishnart4fun.blogspot.com.es/

(intre no que todo o noso alumnado cantaba a canción)

-- Finalmente, tamén se decorou un gran corazón con palabras, sobretodo en Inglés, relacionadas co Día da PAZ. Ditas palabras foron feitas polo noso alumnado coa súa familia nas casas e postas durante a mañá do martes neste espazo adicado á "Love makes the difference".

(detalle do noso corazón, na entrada do centro)

 

AdxuntoTamaño
IMG_20180129_140943.jpg1.86 MB
IMG_20180130_112915.jpg2.72 MB
IMG_20180130_121905.jpg1.85 MB
IMG_20180130_143352.jpg2.08 MB


blog | by Dr. Radut