Skip to Content

MAGOSTO

Magosto no IES A Paralaia

10/11/2017
Europe/Madrid

O venres 10 de novembro a clase de 6º de Educación Primaria foi celebrar o magosto ao IES A Paralaia como vén sendo habitual. Este ano cada colexio tivo que facer unha actuación, así coma o alumnado de 1º da ESO. Aquí tedes a actuación do CEIP Plurilingüe de Tirán. (Pincha na imaxe)

 

Zampadanzas

Magosto no colexio

O pasado venres 10 de novembro celebramos o magosto no colexio e a clase de 2º de Educación Primaria realizou unha actuación marabillosa baseada nesta festa. Desfrutádea! (Pincha na imaxe)
 
 

Magosto 2016

Este ano o tempo deslucíu unha festa tradicional tan importante como é o MAGOSTO.

Dado que as condicións climatolóxicas foron adversas, tivéronse que suspender os xogos populares que se tiñan plantexado para desenvolver no patio do centro todos xuntos (todo o alumnado do centro, interrelacionados por grupos).

Ó final, fixemos o Magosto, actividade levada a cabo pola ANPA Madreboa do centro, que colabora todos os anos para o desenvolvemento de dita festa. Sen eles/elas non sería posible levala a cabo. Agradecerlles dende o centro a laboura desinteresada e colaborativa que manteñen durante todo o curso escolar!

Toda a comunidade educativa disfrutamos do Magosto, a ratos paseando e conversando pola herba, e noutros momentos poñéndonos a cuberto da choiva. Ocaso é que... qué ricas estaban as castañas asadas!

MAGOSTO

Este venres 7 de novembro do 2014 celebraremos no noso centro o tradicional MAGOSTO

Despois do recreo, realizaremos diversos e divertidos xogos populares no que a CASTAÑA é a nosa protagonista!!

E a partires das 13 horas, acompañarannos tamén as nais/pais no centro para degustar as castañas xa asadas!!

MAGOSTO 2013

magosto

                       2013

                                          

MAGOSTO 2012

magosto

 2012

O VENRES 9 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO NO CEIP PLURILINGÜE TIRÁN

PASÁMOLO MOI BEN COS XOGOS POR EQUIPOS

       MERENDAMOS POSTRES TÍPICOS DO OUTONO E CASTAÑAS ASADAS

 

A FESTA FOI TODO UN ÉXITO!!

MOITAS GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

                                            Preme na castaña para ver todas as fotos

OS PEQUENOS DE E. iNFANTIL TESTIGOS EN PRIMEIRA FILA DAS FOGUEIRAS PARA ASAR AS CASTAÑAS

               ¿Non podemos acercarnos...?

Uy, eu quería un pauciño para poñer no lume, non podemos poñer as castañas aínda?, que chuli...!

Xogos populares con xoguetes de reciclaxe

Os pequerrechos de E. Infantil xogaron aos bolos con botellas pintadas e recicladas na clase de Art. 

Os maiores axudaban ca organización dos xogos cos máis pequenos. ¡Divertíronse do lindo...!

MAGOSTO 2010

Os pequerrechos de E. Infantil comenzaron a festa observando as fogueiras que as nais fixeron para asar as castañas na parte de atrás do colexio.

MAGOSTO

   Coma todos os anos celebramos o Magosto, o día 7 de novembro de 2008,  coas seguintes actividades: 

  • Exposición de castañas decoradas:    Ao igual que se fixo na festa do Samaín coas cabazas, os nenos/as trouxeron unha castaña decorada para expoñer na entrada do centro.
  • Día do peón    Na fraseoloxí­a galega faise referencia a este xogo en dous refráns tais como “Polo San Martiño, peóns ao camiño” e “Polo Santo Amaro, peóns ao faiado”, por iso é tradicional celebrar simultaneamente o Magosto e o Día do peón. Animamos a todos/as a traer peóns, buxainas, trompos…, e xogaron con eles no patio.
  • Degustación de castañas e postres típicos:    O día 7 tod@s (pais, nais, avós, avoas, mestres, mestras, nenos, nenas) degustamos postres típicos feitos con produtos da tempada e tamén castañas.
Distribuir contido


by Dr. Radut