Skip to Content

Secretaría

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros

Dende o 20 de maio e ata o 21 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros, axudas de material escolar e fondolibros para o alumnado que o vindeiro curso escolar curse Educación Primaria e Secundaria. Preferiblemente realizarase o trámite de xeito telemático; no caso de presentar a solicitude no colexio é preciso solicitar cita previa no teléfono 886 11 02 71.

No caso do alumnado de 6º de EP que vaia presentar a solicitude de xeito presencial, deberá facelo no instituto no que foi admitido.

Enlace para realizar a xestión telematicamente: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Orde do 10 de maio que regula o proceso (premer aquí)

Resumo da Orde do 10 de maio que regula o  proceso (premer aquí)

Anexos I e II (premer aquí)

Prazos:

Proceso de admisión de alumnado para o curso escolar 2023-2024

Dende o mércores 1 de marzo e ata o día 20 do mesmo mes está aberto o prazo para a solicitude de praza escolar para o vindeiro curso académico. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/. Para máis información, premer aquí.

 

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado que comeza a súa escolarización.

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos de educación secundaria nun centro diferente ao adscrito.

- Alumnado que solicite cambio de colexio.

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 1 de marzo ao 20 de marzo
  • Portas abertas. Se desexades vir coñecer o colexio, podedes facelo solicitando cita no 886 11 02 71
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación.

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio. Podedes descargar a solicitude (premer aquí), solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) ou pedila na secretaría do centro. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

  • Vacantes. As prazas dispoñibles en cada curso son as seguintes:

  • Prazos a ter en conta:

 

 

Admisión: reserva de praza en centros adscritos

Dende o 16 de xaneiro e ata o vindeiro 6 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos centros adscritos. O cumprimento do formulario realizarase preferentemente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

  • Alumnado ao que afecta este prazo:

- Alumnado de 6º de EP que continúe os seus estudos no curso 2023-2024 no IES A Paralaia.

- Alumnado de 6º de EI da EEI O Con que continúe os seus estudos de educación primaria no noso centro educativo.

* O alumnado de 6º de EP que vaia continuar os seus estudos o vindeiro curso escolar noutro centro que non sexa o IES A Paralaia, debe esperar a apertura doutro prazo. Neste caso, deberán cubrir, asinar e presentar a súa renuncia a dita praza no noso colexio (descargar aquí). 

  • Prazo de presentación das solicitudes: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro
  • Presentación das solicitudes. Para presentar a solicitude deberá seguirse unha das opcións descritas a continuación:

- Preferentemente de xeito telemático na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. É preciso ter certificado dixital ou Chave 365. As instrucións para cumprimentar están na propia páxina.

- Cubrir a solicitude telematicamente e presentala no noso colexio se está cursando aquí 6º EP ou na EEI O Con se cursades alí 6º EI. As instrucións atópanse na páxina anteriormente citada: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. É preciso acudir en horario de secretaría para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado “na súa representación”.

- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no noso colexio se está cursando aquí 6º EP ou na EEI O Con se cursades alí 6º EI. Podedes descargar a solicitude (premer aquí) ou solicitala ao correo electrónico do colexio (ceip.tiran@edu.xunta.gal) e vola enviaremos. É preciso acudir en horario de secretaría para a presentación da documentación. No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado “na súa representación”.

Listaxes de material (Educación Primaria)

Adxúntanse as listaxes de material de Educación Primaria:

              *   1º EP (prema aquí)

              *   2º EP (prema aquí)

              *   3º EP (prema aquí)

              *   4º EP (prema aquí)

              *   5º EP (prema aquí)

              *   6º EP (prema aquí)

Reunións de titoría 2022-2023

Convócase ás familias dos distintos cursos ás reunións iniciais no seguinte horario.

Horarios

Información de interese para o alumnado de 4ºEI do curso 2022-2023

Achégase información de interese sobre o alumnado que accederá no vindeiro curso escolar a 4º de EI (3 anos).

  • Horario do período de adaptación (prema aquí)
  • Folleto explicativo -o mesmo que foi entregado na reunión presencial- (prema aquí)
  • Presentación explicativa -a mesma que foi exposta na reunión- (prema aquí)

Comedor e transporte

Ábrese o prazo para solicitar comedor e transpote de cara ao vindeiro curso escolar 2022-2023. Débese cumprimentar o solicitude correspondente e entregar no centro neste mes de xuño.

 

Impreso do comedor (prema aquí)

Impreso do transporte (prema aquí)

Libros de texto 2022-2023

Relación dos libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022-2023 (premer aquí).

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros: listaxes definitvas

Publicación das listaxes definitivas de axudas de libros, axudas de material e fondolibros no taboleiro do centro.

A recollida das axudas e dos libros correspondentespoderá ser do 1 ao 8 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 ou no mes de setembro, con cita previa. Esta recollida debe ser efectuada pola persoa que cubriu a solicitude.

Formalización da matrícula

O prazo para a formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño e é obrigatorio este proceso para o alumnado de nova incorporación ao centro educativo.

 

Documentación a entregar:

  • Anexo III (prema aquí)
  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas ou informe médico que indique que están ao día
  • Fotocopia dos documentos de identidade das persoas proxenitoras e do alumnado, no caso de que o teña
  • Se é o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador da custodia da ou do menor.
  • No caso de que solicite comedor, cumprimentar este impreso (prema aquí)
  • No caso de que solicite transporte, cumprimentar este impreso (prema aquí)

Xunto cos documentos fotocopiados deben vir os orixinais para que poidan ser cotexados.

Distribuir contido


by Dr. Radut