Skip to Content

Axudas de libros, de material e fondo solidario -- 2018

Publicación das listaxes provisionais de axudas de libros, de material escolar e fondo solidario.

Prazo de reclamacións: ata o 28 de xuño ás 14:30

 

Para descargar / ver, premer sobre cada un dos listados:

Fondo solidario admitidos

Fondo solidario excluidos

Axudas libros e materiais

Revista Escolar ONDIÑAS 2017/2018

 

 

 

Podedes descargar a nosa revista escolar deste ano premendo na imaxe

Festival fin de curso 2017/2018

A continuación vos mostramos as actuacións, por orde de aparición, do noso festival de fin de curso, fechado para este mércores 20 de xuño a partires das 12:30 horas:

 

Formalización de matrícula

15/06/2018 18:10
Europe/Madrid

Estimadas familias,
         
           Lembrámosvos que dende o día 20 ata o 30 de xuño estará aberto o prazo para a formalización da matrícula de cara o ano próximo para alumnado de novo ingreso.
           A documentación precisa é a seguinte:

  • Anexo III (documento adxunto) cuberto
  • DNI (da alumna ou alumno no caso de que o teña e non fora presentado previamente)
  • Fotocopia do libro de familia (no caso de que non fora presentado previamente)
  • Fotocopia da tarxeta da seguridade social ou seguro equivalente
  • Fotocopia do libro de vacinación
  • Cubrir elección de relixión ou valores (documento adxunto)
  • 2 fotografías tamaño carné
  • De ser o caso, solicitude de uso do comedor (documento adxunto) e modelo de autodeclaración (documento adxunto)
  • De ser o caso, solicitude de uso de transporte (documento adxunto)

Axudas de libros, de material e fondolibros

(PREMER NA IMAXE PARA DESCARGAR / VISUALIZAR TODA A INFORMACIÓN)

Aberto o prazo para solicitar axudas

Comunicámoslles que está aberto o prazo para solicitar as axudas de material escolar, as axudas de libros de texto e a participación en fondolibros. A solicitude podedes cubrila de xeito telemático en https://www.edu.xunta.es/fondolibros ou presentala no colexio.

A documentación a presentar é:

                           - Anexo I e anexo II (descargar aquí)

                           - Copia do libro de familia que reflicte a situación a día 31/12/2016. De non estar actualizado, debedes presentar a sentenza xudicial ou o certificado de convivencia.

                           - Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/na ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.


Lembrade que tedes que traer os orixinais e as copias para cotexalas no centro.

Ante calquera dúbida, poñédevos en contacto en horario de secretaría.

O prazo remata o 22 de xuño ás 14:30 horas.

XXX Cross de Tirán

O pasado domingo celebrouse no noso centro escolar o "XXX Cross de Tirán".

Con algo máis de 450 participantes, esta participación (trixésimo aniversario) foi todo un éxito, onde a choiva deu un pouco de tregua para poder disputar todas as carreiras. Houbo tamén un momento solidario para Cáritas e un agradecemento especial a todos os pioneiros deste Cross.

No seguinte enlace, e nos vindeiros 6 días, poderedes ver/descargar as fotos do mesmo: FOTOS

E a continuación podedes ler o artigo que o Faro de Vigo lle adica á realización desta edición do "XXX Cross de Tirán". Podédelo ler neste enlace: "XXX Cross de Tirán"

Menú de Maio

A continuación deixámosvos os menús para este mes de maio:

Menú

Menú sen glute

Menú rico en fibra

Menú sen marisco

Menú sen marisco ni proteina do leite da vaca

 

Exposición temporal -- MULLERES

Dende estes días estará exposta no vestíbulo do noso centro escolar a exposición "MULLERES - Identidade e Herdanza" (por un mundo máis xusto e igualitario para todas e todos).

Esta exposición foi realizada con traballos de aula para a "Semana da Muller" no IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña, co patrocinio do Concello de Moaña, Concellería de igualdade e CIM.

Non deixedes de vela!

Distribuir contido


by Dr. Radut