Skip to Content

Os mandatos da Curuxa

Aquí vos deixamos un ano máis os mandatos da Curuxa!

Esperamos disfrutar convosco deles!

 

Concurso de chistes 2018

A semana pasada levouse a cabo o xa tradicional concurso de chistes organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).

O noso alumnado trouxo un chiste preparado na casa que contou a posteriori en lingua galega na súa aula durante o luns, martes e mércores. Os tres mellores chistes de cada curso pasaron á "Gran Final" que se celebrou o xoves e o venres despois do recreo no vestíbulo do edificio principal.

Este ano contou coa participación dun xurado composto por mestres/as e alumnado de distinto ciclo do que competía nese intre; e contou tamén con agasallos para os gañadores de cada ciclo (ciclo de Educ. Infantil, 1º , 2º e 3º ciclo de Primaria), que se levaron un libro por contar en galego o mellor chiste!

 

Menú de febreiro 2018

Xa están dispoñibles os menús para este mes de febreiro (2018):

Menú

Menú sen glute

Menú sen proteína da leite de vaca (sen PLV) nin marisco

Día escolar da non violencia e da PAZ

O pasado martes 30 de xaneiro, conmemoramos no noso centro o "Día escolar da non violencia e da Paz", traballando unha vez máis, non só de xeito transversal, as actitudes, vivencias, experiencias,... que poñan en valor a liberdade persoal, a tolerancia, a solidariedade, o respecto, a non violencia, a resolución pacífica dos conflitos e a prevención dos mesmos, a igualdade, etc.

Este ano, para celebrar dito día, levamos a cabo as seguintes actuacións:

-- Repetimos a actividade do curso pasado no que o noso alumnado buscaba patrocinadores que doasen unha cantidade de cartos por cada volta á Milla feita polos nenos/as ese día. Os máis pequenos (3 e 4 anos) deron voltas polo patio de primaria. Os cartos recaudados coa actividade "quilómetros de solidaridade" será a favor de "Save The Children". 

 (alumnado de 3 e 4 anos no momento da realización de dita actividade no patio de primaria)

-- O alumnado de 4 anos levou a cabo a teatralización dunha adaptación persoal do "Monstro de cores", previo traballo das emocións na aula, seguindo a liña de traballo marcada polo propio ciclo no que, este curso escolar, toda a 2º ciclo da Educ. Infantil está traballando os sentimentos e as emocións.

(ensaio da obra o día anterior, no ximnasio do centro)

-- A continuación, todo o alumnado do centro, cantamos a canción en inglés "Don't worry, be happy", previo traballo das mestras especialistas en Lingua Estranxeira do noso colexio. Podedes ver os vídeos no enlace do blogue de Plurilingüe do noso centro: http://englishnart4fun.blogspot.com.es/

(intre no que todo o noso alumnado cantaba a canción)

-- Finalmente, tamén se decorou un gran corazón con palabras, sobretodo en Inglés, relacionadas co Día da PAZ. Ditas palabras foron feitas polo noso alumnado coa súa familia nas casas e postas durante a mañá do martes neste espazo adicado á "Love makes the difference".

(detalle do noso corazón, na entrada do centro)

 

Difusión da experiencia canadense da mestra Pilar Sánchez. Programa PIALE.

A continuación preséntase a entrevista á nosa compañeira Pilar Sánchez, co obxecto de difundir a súa experiencia e  participación no programa PIALE, que tivo lugar en Canadá.

 

Queres saber...

O noso novo blogue de VOZ NATURA

Non vos perdades a nosa nova etapa no Programa Voz Natura!

Cambiamos o noso blogue antigo por un máis vistoso e máis moderno e, sobretodo, levará o nome do Tema Central deste curso escolar 2017/2018:

"O Monte do Castro"

A través deste novo espazo virtual trataremos de publicar todo o que acontece no noso centro referido a este proxecto, así como outras informacións variadas coa finalidade última de valorar, coidar e respectar o noso medio, a nosa contorna.

Non deixedes de visitala!

http://blogs.voznatura.es/omontedocastro/

Menú de xaneiro de 2018

Xa están dispoñibles os menús de xaneiro-2018:

Menú

Menú sen glute

Menú sen proteína da leite da vaca (sen PLV) nin marisco 

 Como xa saberedes, o Comedor estrenou novo espazo, máis amplo e adaptado:

 

O Entroido

04/03/2019 09:30
06/03/2019 14:30
Europe/Madrid

Durante o Entroido non haberá clases lectivas dende o luns 4 ata o mércores 6 de marzo de 2019, ambos incluidos.

Incorporarémonos de novo ás aulas o xoves 7 de marzo no noso horario habitual.

Día da Paz

30/01/2019 09:30
Europe/Madrid

Como establece a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/2019, o mércores 30 de xaneiro de 2019 celebrarase a conmemoración do "Día Escolar da non violencia e da Paz".

Distribuir contido


by Dr. Radut