Skip to Content

Aprendemos cos Bolechas

A semana pasada, o alumnado de Educación Infantil acudiu a xogar e a aprender xunto aos Bolechas á vila de Moaña. Con eles máis elas aprendemos as diferentes áreas dialectais da lingua galega da nosa Comunidade, e ademais nos divertimos un montón.

 

Podedes ver neste enlace o ben que o pasamos.

 

Benvidos

Benvidos ao Recuncho do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Tirán.

 

Neste Recuncho recolleranse todas as actividades feitas polos nenos e nenas do centro que teñan que ver coa dinamización, potenciación e fomento da Lingua Galega.

 

     

Horario curso 2019/20

O horario da orientadora para o presente curso é luns e venres de 9:30 a 14:30 previa cita a través do titor.

Becas ACNEAE 2019/20

Xa está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. O prazo é dende o 28 de xullo ata o 26 de setembro.

Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renta e/ou patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conducta.

Tedes toda a información necesaria e o acceso á solicitude no seguinte enlace.

Período de Adaptación - Curso 2018-2019

Bos días a todos e todas.

A continuación exponse o calendario que se seguerá durante o Período de Adaptación.

Tamén se recorda ás familias que poden mandarlle unha pequena merenda e auga para tomar no Cole.

Bo comezo de curso a todos e todas.

 

 

Período de Adaptación - Curso 2018-2019

Bos días a todos e todas.

A continuación detallase o calendario que se vai seguer para o Período de Adaptación este curso.

Tamén lles recordamos ás familias que poderán traer unha pequena merenda e auga para a merenda, que se tomará no centro.

Bo comezo de curso a todos e todas.

Libros de texto 2018-2019

Listaxes dos libros de texto precisos para o vindeiro curso académico 2018-2019.

Axudas de libros, de material e fondo solidario 2018

Publicación das listaxes definitivas de axudas de libros, de materiale scolar e fondo solidario. 

Pódense recoller os libros e os vales na semana do 2 ao 6 de xullo ou en setembro. O horario de atención desta semana é de 10:00 a 13:30 horas.

Comezo das clases lectivas para o curso 2018-2019

12/09/2018 09:30
Europe/Madrid

As clases lectivas para o vindeiro curso escolar 2018-2019 darán comezo o mércores 12 de setembro de 2018, segundo indica a ORDE do 28 de maio de 2018, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

FELICES VACACIÓNS

Hoxe damos por finalizado este curso escolar 2017 / 2018 desexándovos un bo verán e que disfrutedes moito destas merecidas vacacións!

Durante estes días, de todas formas, o centro permanecerá aberto en distintos momentos para atender cuestións varias!

 

As clases darán comezo o mércores 12 de setembro de 2018, segundo indica a ORDE do 28 de maio de 2018, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Vémonos en setembro!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut