Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Dinamización Lingüística

O equipo está formado por cinco mestres do centro que teñen a tarefa de elaborar o proxecto lingüístico do centro. Teñen, ademais, a función de potenciar o uso do galego entre toda a comunidade educativa a través do deseño e posta en práctica de actividades destinadas a todos os compoñentes, aos que pretende, tamén, facer partícipes activos.

DÍA DO XOGO INFANTIL: XOGOS DE MESA EN GALEGO. 30 de maio

O 30 de maio é o Día do Xogo Infantil e para festexalo os equipos de Biblioteca, Dinamización Lingüística e Patios Dinámicos convidaron as rapazas de Brazolinda a visitarnos cos seus xogos de mesa en galego: "por unha educación baseada no xogo".

O alumnado de infantil e primaria estivo xogando na biblioteca con estes divertidos xogos.

PREME NAS IMAXES.

INFANTIL 1º CICLO
2º CICLO 3º CICLO
   

LETRAS GALEGAS 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

As Letras Galegas 2023, na súa 60 edición, rinden homenaxe ao traductor, novelista, periodista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.

A continuación, preme nas imaxes para poder ver as nosas actividades:

Actividade conxunta realizada polos tres colexios públicos de A Guarda: marcapáxinas con código QR, onde pódese escoitar a vida, obra e curiosidades do autor.

 

 

Photocall coas caroutas decoradas polo alumnado.

 

 Chocolatada ANPA Os Muiño

 

 "Uxía. Rosalía pequeniña" conto musicalizado polo alumnado de 5º de primaria.

 

 

 

RADIO TREBOADA COAS LETRAS GALEGAS 2023

O

O alumnado de 5º de educación primaria

estivo traballando nun conto musicalizado:

"Uxía.Rosalía pequeniña".

Ver vídeo co alumnado participante: PREME.

 

 

Preme no seguinte enlace para escoitalo:

RADIO TREBOADA COAS LETRAS GALEGAS 2023.

 

 

 

Participación no concurso "A NOSA ROSALÍA FEMINISTA"

O pasado mes de febreiro o alumnado de 3º de primaria participou no concurso da Deputación de Pontevedra "A Nosa Rosalía Feminista".

Un concurso escolar de ilustración, colaxe e reciclaxe con perspectiva feminista.

O grupo realizou unha colaxe resaltando a importancia da escritora.

Non gañaron pero pola súa participación conseguiron un lote de libros para a nosa Biblioteca.

Graciñas e felicidades!Guiño

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: 24 de febreiro

En Solanas temos...UNHA MOREA DE ROSALÍAS

 

DÍA DA LINGUA MATERNA: 21 de febreiro

O equipo de Dinamización Lingüísitca, coa colaboración do equipo de Biblioteca, nos presentan esta actividade tan lúdica ao tempo que reinvidicativa xa que con esta celebración anual festexarmos a riqueza que supón a diversidade lingüística do planeta.

O alumnado tiña que escoller unha palabra en galego e representala con LEGO.

Aquí podedes ver os resultados. PREME.

Clases de 3 e 4 anos

Clase de 5 anos

Clase de 1º primaria

Clase de 2º primaria

Clase de 3º primaria

Clase de 4º primaria

Clase de 5º primaria

 

Clase de 6º primaria

DÍA DA AMIZADE: 14 febreiro

No Día da amizade, o equipo de Dinamización Lingüística, propuxo un amig@ invisible con bolboretas.

Cada neno e nena coloreaba unha bolboreta da amizade que agasallou a un compañeiro ou compañeira que lle tocou no sorteo.

Búsqueda do Tesouro QR Florencio Delgado Gurriarán 2022

Álbum: Sen categoría -> Búsqueda do tesouro QR 2022

ANDAINA CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA POR TUI. VEXO VEXO XACOBEO 2022

O Programa Vexo Vexo Xacobeo é un programa de divulgación do Camiño de Santiago e dos seus valores.

É un programa educativo que con saídas escolares  achega aos nenos e nenas de educación infantil e primaria a cultura do Camiño e do Xacobeo.

 

 

VEXO VEXO XACOBEO. CONTACONTOS

Con motivo da celebración do Ano Santo Xacobeo participamos nun programa educativo multidisciplinar para achegar ao alumnado o significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, dende as primeiras etapas, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.

Contribuír a que o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria coñeza o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que se empraza o seu centro educativo.

LETRAS GALEGAS 2022

As Letras Galegas 2022 están adicadas ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.

O centro tipo unha semana de moitos actos homenaxe:

  • Nas aulas o alumnado traballou a súa obra para expoñer co CEIP Sinde na Praza As de Copas de A Guarda.
  • Photocall cos sua caricatura.
  • Chocolatada do ANPA Os Muiños coa colaboración de pais e nais do centro.
  • Xuntanza de todo o colexio na honra de Florencio Delgado.
Distribuir contido


by Dr. Radut