Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Dinamización Lingüística

O equipo está formado por cinco mestres do centro que teñen a tarefa de elaborar o proxecto lingüístico do centro. Teñen, ademais, a función de potenciar o uso do galego entre toda a comunidade educativa a través do deseño e posta en práctica de actividades destinadas a todos os compoñentes, aos que pretende, tamén, facer partícipes activos.

Visita do Apalpador

Dentro das actividades do Nadal do noso centro, tivemos a sorte de receber a visita do Apalpador xunto a uns músicos que nos amenizaron a mañá do martes 20 de decembro. Contounos a súa historia, deunos castañas e doces e despois cantáronnos algunhas cancións e sacáronnos a bailar. Foi moi divertido!

Moitas grazas a Asociación O Fuscalho por ofertarnos esta visita. Podedes voltar tódolos anos!

Inauguració do Pavillón de Solanas

           
 

  O xoves, 13 de outubro, celebramos a re-inauguración do noso renovado pavillón cunhas actividades moi chulas: alfombra vermella na entrada, pregón de festas, maratóns por cursos e entrega de medellas con canóns de confeti.

Que ben o pasamos!

 
 

 

A antorcha olímpica!

 

 

Pregón de festas

 
         
 

 

As maratóns

 

 

Entrga de medallas

 
       
         

 

Guardar

Guardar

Guardar

Revista dixital do curso 2015/2016

     
    

Mirade que fermosísima lle quedou ao equipo de Dinamización Lingüística a Revista Escolar do curso 2015/2016.

(Podedes premer aquí para vela mais grande)

      
     
 
 


 

 
   Podedes ver a do curso anterior (2014-2015) premendo aquí.
 
     

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Celebracións das Letras Galegas 2016

CELEBRACIÓNS DAS LETRAS GALEGAS 2016
 
   Xogos Populares nos recreos    Exposición sobre a obra de Amparo Ferreira
   
       
 
  Chocolatada   Voa co galego!    
       
           
 Espectáculo Senegalés-Galego no Auditorio    
   
 

 

 

Decoración do patio para as Letras Galegas.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, que se celebra tódolos anos no día 17 de maio, os alumnos e as alumnas de 1º, 5º e 6º de Ed. Primaria colaboraron coa equipa de Dinamización Lingüística na decoración da vidrieira do patio de Ed. Infantil. Aquí poderedes ver o proceso e o resultado obtido.

 

Día de Rosalía

O martes, 1 de marzo, ainda que cun chisco de retraso por mor do mal tempo, celebramos o Dia de Rosalía (conmemorado o 24 de febreiro) xunto cos/coas nenos/as dos outros colexios da localidade e a Guardería municipal.

Aquí podedes ver como nos foi!

 

Día dos amigos

Celebrando o día do amor e da amizade no colexio realizamos unha actividade de escritura en galego. Cada nen@ debía escribir unha carta solicitando amizade a algún/algunha compañeir@ anónim@ e depositar a súa carta no buzón. Despois a carteira María repartiu esas cartas ao chou e cada un/unha debía contestar a carta recibida e volver a depositala no buzón.

Ao fin da mañana o carteiro Jorge repartiu a cada un/unha a carta personalizada coa resposta a súa solicitude.  Agora hai amig@s por correspondencia coma os de antes!!!

 

O ladrón de palabras

Dende a equipa de normalización lingüística organizouse unha actividade realmente interesante. Primeiramente todas as aulas leron o conto "O ladrón de palabras" de Nathalie Minne.

Partindo desa historia, os nenos que quixeses podían escribir palabras que lle suxerisen algo e despois clasificalas nuns botes colocados no corredor de Primaria. Acabado o prazo de escribir palabras os membros da equipa as coloracon en anuncios de separar e cada neno ou nena podía coller a palabra que llegustase para si mesmo.

Este foi o resultado.

 

Xogos populares 2015

Durante a pasada semana, na que celebrábamos as Letras Galegas, dende o equipo de Dinamización nos organizaron unhasemana de xogos populares con maratón e chocolatada incluídas. Foi unha gran semana!

 
  XOGOS POPULARES NOS RECREOS      
         
 
  CHOCOLATADA   MARATÓN DE XOGOS POPULARES  
     
 

 

 

 

Saída ao Centro Cultural: Concerto e exposición.

Onte tivemos unha saída ao Centro Cultural. Alí visitamos a Exposición-homenaxe dos traballos que os Centros de ensino Público fixeron sobre a obra do pintor Guardés Xu. Tivemos a sorte de que se achegase ata ló e nos falase un pouco da súa obra, as súas inquedanzas..Despois asistimos ao Concerto Didáctico dos alumnos do Conservatorio onde participaron algúns dos nosos compañeiros. Foi unha mañá moi intensa! Preme na imaxe para acceder a galería de fotos.

     
     
     

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut