Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Dinamización Lingüística

O equipo está formado por cinco mestres do centro que teñen a tarefa de elaborar o proxecto lingüístico do centro. Teñen, ademais, a función de potenciar o uso do galego entre toda a comunidade educativa a través do deseño e posta en práctica de actividades destinadas a todos os compoñentes, aos que pretende, tamén, facer partícipes activos.

XOGOS POPULARES

FESTAS TRADICIONAIS

 

CELEBRACIÓN DA FESTA DE SAMAÍN

NO
COLEXIO "AS SOLANAS" DE A GUARDA

 

 

Un
dos obxetivos do Colexio dentro do Proxecto de Normalización e Actividades
Complementarias é a recuperación de 
tradicions. Samaín ,antiga festividade celta celebraba o final da tempada
de colleitas e  marcaba a transición  do outono ó inverno.O colexio como ven
facendo dende anos atrás celebramos a festa cunha,sempre sorprendente ,
exposición de cabazas feitas polas familias.

 

A FESTA DO MAGOSTO EN GALICIA

A
festa do Magosto

 

 

No mes de Novembro, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle
arrebataron nas lareiras galegas hai varios séculos.  Nestes días
rendeselle culto, é o Magosto.

 

INTRODUCCIÓN

O aire das frías noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en
Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto
era o tempo que os galegos reservaban para honra-las colleitas,
despois do equinoccio, un costume que nestes últimos anos se intenta
recuperar. 

magostoProclamada de novo raíña, o queixume da
castaña mentres é cociñada convida a compartir con familiares e amigos as horas
nocturnas alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo
raso. 

Ó rito que acompaña a noite no lle falta de nada. Festa de mozos e mozas, eles
traen o viño tinto novo -o primeiro da colleita do ano-, mentres elas xuntan os
froitos. 

Para asalas colocase sobre o chan a foupa -agulla de piñeiro, toxo
o loureiro- e enriba dispóñense as castañas, que serán cubertas por un novo
manto de foupa. Cando está preparado, préndese o lume na capa de abaixo, que
será a que sinale o ritmo da celebración, e en canto se apaguen as lapas
indicará que as castañas están listas para comer. Con viño -nalgúns sitios
adozado con mel-, chourizos e pan remata o suculento menú, e a sobremesa póñena
os xogos, os contos de ánimas e monstros e a latricada. 

Os nenos non faltarán ó seu divertido costume: collerán un puño de cinza e
tisnarán as caras uns a outros, chanza que repetirán logo cos adultos. Entre
carreiriñas, berros, tonas de castaña, anacos de chourizo, charlas e grolos irá
transcorrendo calma unha noite especial que, doutra volta en torno ó lume,
tenta irmandar ó galego cuns devanceiros ós que segue unido polo vencello da
tradición. 

Di o refrán: "Por san Martiño faise o
magosto con castañas asadas e viño ou mosto"
.

Novembro representa, en
terras galegas, o tempo do Magosto e o comezo da temporada da matanza do porco

Por San Martiño celébranse
reunións en casas e barrios durante as que se comen castañas asadas acompañadas por chourizos e polo
primeiro viño tinto da colleita do ano. 

 

 

 


A ORIXE DO TERMO 

Hai varias teorías sobre a orixe do seu nome: mentres uns coidan que vén do
latín "magus ustus" algo así co
significado "gran fogueira", outros
especialistas pensan que "Magosto"
deriva do latín "magro" coa
equivalencia de grande, con algo de "magus",
máxico o feiticeiro
.....

 

A ORIXE DA FESTA 

É unha festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas
de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai
adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade relacionada co
culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol,
deus fecundador da terra.

Trátase tamén dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vencellos
comunitarios do mundo rural, galego; ten un carácter alegre e de acción de
gracias polos froitos recolleitos, así coma de homenaxe ós castiñeiros
e as castañas.

Con posterioridade foi asociada ós santos e defuntos, por iso se festexa o 1 de
novembro, por ser unha comida que simboliza a morte do ciclo solar anual. Máis
tarde nas terras de Ourense pasou a celebrarse o día 11 de novembro,
festividade de San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas. De Ourense espallouse por toda Galicia, collendo
novos matices, aínda que corre risco de perde-la súa orixinalidade e
espontaneidade popular tradicional

castañasSegundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos
defuntos.Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na
festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do
purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas
brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia
dos mortos.

Murguía consideraba a festa do magosto coma un banquete
funerario no que a castaña e o viño simbolizarían a morte e a vida. Hoxe en día
fanse na eira da casa, nas adegas, nas lareiras das cociñas, pero segue a
tradición de facelas no monte ou nun escampado no que o lume non poida facer
mal.

Prepárase con certa antelación, poñéndose de acordo para coñecer o que aportará
cadaquén, sobre todo castañas e viño, e tamén chourizos e augardente para a
queimada. Unha tarde solleira á hora da merenda-cea é ideal para a celebración
do magosto. 

Despois de xantar, a partir das tres comézase a face-los
preparativos. Iníciase a andaina camiño do monte, atopándose con outras
familias ou grupos de amigos, búscase o lugar apropiado( escampado,
encrucillada, longa laxa de pedra), todos van cantando e facendo leiras.
Búscase frouma, palla, tamén acios de morodos que neste tempo están a
madurar. 

 

Acéndese o lume, arde, inicialmente tóstase loureiro para que de
cheiro e produza ruído, e tamén muñicos de verde para que de columnas de fume
branco mesto. Xa reunidos e amoreada a frouma necesaria precederase a pica-las
castañas para que no rebenten. Espérase que desapareza o lume e fiquen as
brasas para esparexe-las castañas, controla-lo seu punto. 

OS ELEMENTOS BÁSICOS DO MAGOSTO

 

Coma elemento básico e imprescindible do magosto citarémo-la castaña, nai e filla do castiñeiro.

O segundo elemento é o lume, con todo o que
simboliza, como representación do deus sol dador de vida e elemento
purificador.

Outro elemento importante do magosto é o viño,
que non deixa de se-lo sangue da terra.

Pan de centeo e millo, empanadas, chourizos, patacas (que se soen asar no lume
sen depenar), e augardente para a queimada (de novo outra purificación), son
suficientes para este día de troula.. 

 

xogos tradicionais en solanas

XOGOS
E XOGUETES TRADICIONAIS.


Ó igual que sucede con outras manifestacións da cultura popular e tradicional,
os xogos populares teñen unha orixe imprecisa. É posible que algúns nacesen a
partir do traballo, nomeadamente labrego -pensemos na carreira de burros ou no
lanzamento de pedra- pero outros son difíciles de xustificar desde esta
perspectiva, e cabe aventurarlles unha orixe na noite dos tempos nunha mestura
de ritos máxicos e relixiosos -un dos casos máis evidentes é, sen dúbida, o da
pita cega, como tamén o é o das agachadas-.

 

 

Os xogos populares
galegos desde a perspectiva evolutiva.
TIPOS DE XOGOS ETAPA
EVOLUTIVA ALGÚNS XOGOS
1. XOGOS FUNCIONAIS. Ata 3 anos
1.1. Iniciáticos lingüísticos. Anainas, xogos cantados...
1.2. Iniciáticos. Contos acumulativos, recitados...
1.3. Xogos para adestrar o movemento. Tacatá, cabalo de pao...
1.4. Xogos funcionais para máis anos. Os zancos, o aro, o puño puñete...

2. XOGOS SIMBÓLICOS. 3 a
6/7 anos.
2.1. Xogos para aprender a amar. Bonecas, berces...
2.2. Xogos de imitación da vida adulta. As casiñas, fulaniño que me matan...
2.3. Xogos para coñecer a natureza. Xogos con flores, follas...
2.4. Xogos simbólicos para máis anos. Policías e ladróns, a cadea...

3. XOGOS DE REGRAS. 6/7 a 12/14 anos.
3.1. "Armas" populares. Tirapedras, tiratacos...
3.2. Xogos para transformar a natureza. Muíños de auga, frautas...
3.3. Xogos de regras. A chepa, as bólas, o pase misí...

4. PREDEPORTIVOS. SEDENTARIOS. 12/14 a 18 anos.
4.1. Xogos predeportivos. O marro, a estornela, a porca...
4.2. Xogos sedentarios. As leiriñas, o alquerque...

5. XOGOS-TRABALLO, COMPETICIÓN Idade adulta. Tiro de corda, lanzamento de
pedra, o xogo das olas...

6. XOGOS "SOSEGADOS". Vellez. A ra, a petanca...

Fonte: Veiga, 2001, p.
83.

Fomos quen de transmitir xeración a
xeración os xogos ao longo dos tempos. A cadea de transmisión dos xogos
populares -e de todos os elementos da cultura popular en xeral- mantívose viva
ata que, no caso de Galicia e de todo o Estado Español, a sociedade tradicional
se viu ameazada nos seus riscos de identidade por un novo modelo de sociedade,
producto do desenvolvementismo da década dos sesenta. Evolución social,
emigración, urbanización, progreso, desenvolvemento,
internacionalización/uniformización cultural... foron, son, en definitiva,
axentes fortes que están provocando a paulatina desaparición dos xogos
populares. Recuperar os xogos de sempre, sen embargo, non significa
necesariamente correr en contra dos tempos. Non se trata de recuperar formas de
vida que quedaron -e moitas veces, felizmente- atrás. Trátase, sen embargo, de
lle devolver ao xogo todo o seu valor, de ofertarlles aos nenos e nenas dos
nosos días -pero tamén aos adultos- opcións lúdicas nas que realmente quede
contrastado que o xogo cumpre todas as súas funcións.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut