Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Dinamización Lingüística

O equipo está formado por cinco mestres do centro que teñen a tarefa de elaborar o proxecto lingüístico do centro. Teñen, ademais, a función de potenciar o uso do galego entre toda a comunidade educativa a través do deseño e posta en práctica de actividades destinadas a todos os compoñentes, aos que pretende, tamén, facer partícipes activos.

DÍA DE ROSALÍA E DA LINGUA MATERNA

     

O pasado xoves celebramos o Día de Rosalía e da lingua materna, o alumnado elaborou unha proxección con poemas da autora que posteriormente visualizamos todos xuntos no salón de actos. 

 

   
   
     

Entrega do Premio Segura Mente

     
  A clase de 5º de Primaria gañou o premio no concurso Segura-Mente organizado por Abanca, consistente nun cheque de 500€ para realizar unha excursión. E o mércores 19 viñeron facernos entrega do cheque ao colexio.  
   
     

Creando rural_FervenzAventura

     
  O alumnado de 1º de Ed. Primaria disfrutpu dunha emocionante xornada en FervenzAventura, como gañadores do concurso: Creando Rural 2019  
   
     

II Concurso de fotografía de Solanas

     
  O II Concurso de fotografía de Solanas, realizado este ano, tivo a temática "Eu no camiño de Santiago" e aquí podedes ver as fotografías participantes.  
   
     

Exposición do Camiño de Santiago

     
  Un ano mais, os equipos de Dinamización da contorna, organizaron a exposición de arte. Este ano estivo baseada na temática do Camiño de Santiago pola costa, que pasa pola nosa vial.  
   
   
   
     

Merenda de entroido e queima do Meco-espada

     
   Como tódolos anos, realizamos a merenda de entroido degustando os ricos doces que trouxeron os nenos.  
   
     
   Enterro do Meco-Espada 2019
 
   
     

Día dos amigos

     
  O 14 de febreiro conmemoramos no colexio o Día dos amigos coa elaboración de mensaxes móbiles de amor.  
     

Premiados no III Concurso de adornos de Nadal con materiais de refugallo.

         
 

Xa temos os gañadores do III Concurso de adornos de Nadal con materiais de refugallo.

Repartiuse un premio por aula e estes foron os gañadores:

 

 
  3 Anos: Mario   4 Anos: Lucía  
         
  5 Anos: Sabela   1º Primaria: Xiana  
         
  2º Primaria: Xabi   3º Primnaria: Manuel  
         
  4º Primaria: Yolanda   5º Primaria: Marta  
         
  6º Primaria: Issi  
         
   
     

VISITA DO ARCO DA VELLA

       
   
 

 

O arco da vella

no ceo subido

co seu colorín

co seu colorido.


O arco da vella

cos sete colores

que teñen, no ceo,

beleza de flores

 

                                    Manuel María

 
   
     

SAÍDA DE OUTONO: PARQUE DE PÍAS.

Distribuir contido


by Dr. Radut