Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos públicos para o curso 2023-2024, regulado pola Orde do 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:
Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro adscrito.
O 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por primeira vez ao sistema educativo ou para os que cambian de centro.
Antes do 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.
Antes do 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
Do 20 ao 30 de xuño de 2023: prazo de formalización da matricula.
Unha aperta é unha mostra de amor ou saúdo, é un acto sinxelo que reporta múltiples beneficios para a saúde, felicidade e relacións.
O equipo de Dinamización lingüística e de patios dinámicos nos recordaron o "poder dunha aperta"; poden facernos sentir mellor e ademáis nun xogo "salvarnos".
2º ACTIVIDADE: xogo con pezas LEGO DUPLO para traballar a atención e memoria.
Pasos: 1. un/unha voluntario/a fai unha construcción. 2. En equipo, por quendas, irán pasando a ver a construcción e terán que transmitir o visto ao equipo.
3º ACTIVIDADE: LEGO EDUCATION "Primeiras máquinas" para traballar con engranaxes, rodas e eixes, pancas, poleas... Construímos unha buxaina, un debuxo máxico, unha troqueladora.
LEGO EDUCATION WEDO 2.0. Construímos e programamos unha eiruga, un muiño e un robot.
Os Clubs de Lectura de 6º de Primaria leerón no primeiro trimestre o libro "Plan de rescate" de Antía Yáñez que fomenta valores de amizade, compañerismo, traballo en equipo e amor.
Como remate de libro, todos/as xuntos/as, fixeron a seguinte actividade:
O colexio de San Xerome convidóunos a pasar unha xornada con eles para coñecer a súa sala sensorial, facer chapas, xogar a xogos inclusivos, ter sesión de música...