Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

DÍA DA ÁRBORE E A POESÍA: 21 de marzo 2024

O equipo de Biblioteca en colaboración co equipo Medioambiental, propuxo unha actividade creativa e dinámica para o 21 de marzo festexar o Día da árbore e da Poesía creando unha árbore coas nosas mellores palabras da natureza.

 Preme nas imaxes para ver o vídeo.

OBRADOIRO DE RADIO PARA ALUMNADO DE 5º PRIMARIA E PROFESORADO

Damián Alonso, actor de drobaxe e monogolista, estivo co alumnado de 5º de primaria e algunhas das mestres do noso colexio para facer un obradoiro de radio escolar.

 

Programa creado polo alumnado de 5º de primaria durante o obradoiro impartido polo actor de dobraxe e monologuista Damián Alonso.

https://go.ivoox.com/rf/126878487

Programa no que se inclúen as entrevistas realizadas ao alumnado de 5º de primaria durante o obradoiro de radio levado a cabo por Damián Alonso.

https://go.ivoox.com/rf/126879941

NOVO PINCHI EN BIBLIOSOLANAS

NA HORA DE EDUCACIÓN FÍSICA: PISCINA

O alumnado de 3º ciclo comezou no mes de marzo a ir a piscina municipal nun hora semanal de educación física.

Esta actividade é ofertada polo Concello de A Guarda aos centros públicos da vila.

 

SAÍDA AO AEROPORTO DE VIGO

No mes de abril o alumnado de primaria vai ir coñecer o aeroporto de Vigo.

Patricia é auxiliar de vó na compañía aérea Iberia e tamén nai dun neno do noso colexio. Hoxe víu a mostrarnos como é o seu avión, o seu traballo e o que imos atopar no aeroporto. Grazas pola visita e os agasallos.

   

Preme nas imaxes para ver a súa visita.

INVESTIGAMOS ENFERMIDADES: alumnado de 6º de primaria

As enfermidades poden ser infecciosas e non infecciosas.

O alumnado de 6º de educación investiga diferentes enfermidades.

 

Preme na imaxe para ver os nosos traballos e presentacións.

SAÍDA POLO CONCELLO DO ALUMNADO DE 1º CICLO

O alumnado do 1º ciclo fixo unha visita no Concello de A Guarda para visitar ao alcalde no Concello e un contacontos na Biblioteca Municipal.

PREME PARA VER O VÍDEO.

VISITA DO GATO DO PROFE JORGE: API

O profe Jorge trouxo ao seu gato API para coñecer aos nenos e nenas de 4 anos.

RADIO TREBOADA: ENTROIDO 2024

 Programa sobre o Entroido 2024 onde participaron alumnos e alumnas de 2º, 4º, 5º e 6º de educación primaria cunha lectura dun conto rimado, receitas tradicionais destas datas e datos curiosos de personaxes populares do entroido galego.

Agradecemos a todos/as os/as artistas e grupos a posibilidade de empregar os seus temas neste programa:

La mosca Tse Tse (1999) -Yo te quiero dar

Carlos Núñez (2000)- Pasacorredoiras

Malvela (2007) - Pirimpimpin

Milladoiro (1989) - Muiñeira de Vilanova

Baiuca (2018) - Morriña

Celia Cruz (1998) - La vida es un carnaval

Marc Anthoni (2013) - Vivir mi vida

   

 Preme na seguinte URL para escoitar o programa; https://go.ivoox.com/rf/125704480

Investigamos mulleres galegas pioneiras na súa especialidade.

                   
 

Dende o equipo de Dinamización organizouse esta actividade consistente en que o alumnado de 6º investigou diferentes mulleres galegas pioneiras nalgún ámbito e creou vídeos informativos sobre cada unha delas.

O resto do alumnado, axudouse deses vídeos para respostar unha serie de cuestións referentes a elas e así aprender un montón da nosa historia.

 
   

 As preguntas que tivemos que respostar:

   
     
         
   
 
   
         
Distribuir contido


by Dr. Radut