Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Dinamización Lingüística

O equipo está formado por cinco mestres do centro que teñen a tarefa de elaborar o proxecto lingüístico do centro. Teñen, ademais, a función de potenciar o uso do galego entre toda a comunidade educativa a través do deseño e posta en práctica de actividades destinadas a todos os compoñentes, aos que pretende, tamén, facer partícipes activos.

Magosto 2018

     
  O pasado venres, día 9 de novembro, celebramos o magosto no colexio con castañas  asadas e bocatas de chourizo. Por causa da choiva non poidemos facer nós a fogueira e tivemos que mandar asar á panadaría. Pero pasámolo moi ben de tódolos xeitos.  
 
 
     

Samaín/Halloween 2018

     
 

Samaín/Haloween

Como tódolos anos, tivemos o concurso de Cabazas, a merenda terrorífica e as actuacións de Samaín. Este ano coa novidade do concurso de Tumbas/Graves proposto dende o departamento de Inglés

 
     

Premios do Concurso de Literatura organizado por CCOO

     
  Xa nos últimos días de curso, soubemos que algúns dos nos@s alumn@s foran premiados ou mencionados no concurso de Literatura organizado por CCOO  
     
     

Premio do concurso "Recoméndoche un libro"

       
  O profesorado e alumnado de infantil xa recibiu o regalo do premio acadado no concurso"Recoméndoche un libro"   
 

 
     

Teatro: Leonardo e os fontaneiros

     
  Dentro das  actividades das Letras Galegas, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria acudiron ao Centro Cultural a ver a representación teatral da obra de María Victoria (Homenaxeada este ano)Leonardo e os fontaneiros.  
     
 

 

  

 

 
     

Letras Galegas 2018

     
  Este ano a celebración das Letras Galegas foi moi completa. Estas foron as actividades realizadas:  
 
  • Espectáculo de maxia ofertado polo concello:
 
   
     
 
  • Chocolatada no patio de Infantil convidados pola ANPA
 
 
 
 
  • Festival musical das Letras Galegas
 
   
     
 

Nen@s Premiados no Concurso Literario das Letras Galegas

da Asociación Cultural Guardesa

 
     
   
     

I Concurso de Fotografía de Solanas

     
 

Este ano, da man dos equipos de Dinamización e Extraescolares, levouse a cabo o Primeiro Concurso de fotografía de Solanas, onde @s nen@s realizaron unha fotografía do seu lugar favorito do pobo e inventoulle un título ou lema en galego.

Todos os participantes levaron un agasallo pola súa participación, ademáis de haber un premiado por cda curso.

Este fou o resultado.

 
 

 
     

Recoméndoche un libro

      
 

O colexio está a participar no concurso "Recoméndoche un libro" con duas propostas e vos pide colaboración para que os votedes no canal de youtube:

  • Un can e un gato,  dos autores Paula Carbonel e Chené Gómez da Editorial OQO

Podedes darlle un me gusta premendo sobre os títulos dos libros ou abrindo os vídeos nunha ventá nova.

 
     
 
 
     
 
 
     

Día da Lingua Materna

     
 

O día 21 de febreiro conmemorábase o Día da Lingua Materna e o Día 24 de febreiro é o Día de Rosalía. Dende o colexio realizamos unha celebración conxunta para que elaboramos este mural.

 

 
   
     

Enterro do Meco-Espada 2018

     
 

O venres, 16 de febreiro, tivémolo enterro do Meco-Espada 2018. Como tódolos anos, vestímonos de gala, degustamos uns ricos doces de entroido e choramos un pouquiño polo fin de festas.

Agora toca agardar ata o ano que ven!

 
     
 
 
     
 
 
     
 
 
     
Distribuir contido


by Dr. Radut