Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

xogos tradicionais en solanas

XOGOS
E XOGUETES TRADICIONAIS.


Ó igual que sucede con outras manifestacións da cultura popular e tradicional,
os xogos populares teñen unha orixe imprecisa. É posible que algúns nacesen a
partir do traballo, nomeadamente labrego -pensemos na carreira de burros ou no
lanzamento de pedra- pero outros son difíciles de xustificar desde esta
perspectiva, e cabe aventurarlles unha orixe na noite dos tempos nunha mestura
de ritos máxicos e relixiosos -un dos casos máis evidentes é, sen dúbida, o da
pita cega, como tamén o é o das agachadas-.

 

 

Os xogos populares
galegos desde a perspectiva evolutiva.
TIPOS DE XOGOS ETAPA
EVOLUTIVA ALGÚNS XOGOS
1. XOGOS FUNCIONAIS. Ata 3 anos
1.1. Iniciáticos lingüísticos. Anainas, xogos cantados...
1.2. Iniciáticos. Contos acumulativos, recitados...
1.3. Xogos para adestrar o movemento. Tacatá, cabalo de pao...
1.4. Xogos funcionais para máis anos. Os zancos, o aro, o puño puñete...

2. XOGOS SIMBÓLICOS. 3 a
6/7 anos.
2.1. Xogos para aprender a amar. Bonecas, berces...
2.2. Xogos de imitación da vida adulta. As casiñas, fulaniño que me matan...
2.3. Xogos para coñecer a natureza. Xogos con flores, follas...
2.4. Xogos simbólicos para máis anos. Policías e ladróns, a cadea...

3. XOGOS DE REGRAS. 6/7 a 12/14 anos.
3.1. "Armas" populares. Tirapedras, tiratacos...
3.2. Xogos para transformar a natureza. Muíños de auga, frautas...
3.3. Xogos de regras. A chepa, as bólas, o pase misí...

4. PREDEPORTIVOS. SEDENTARIOS. 12/14 a 18 anos.
4.1. Xogos predeportivos. O marro, a estornela, a porca...
4.2. Xogos sedentarios. As leiriñas, o alquerque...

5. XOGOS-TRABALLO, COMPETICIÓN Idade adulta. Tiro de corda, lanzamento de
pedra, o xogo das olas...

6. XOGOS "SOSEGADOS". Vellez. A ra, a petanca...

Fonte: Veiga, 2001, p.
83.

Fomos quen de transmitir xeración a
xeración os xogos ao longo dos tempos. A cadea de transmisión dos xogos
populares -e de todos os elementos da cultura popular en xeral- mantívose viva
ata que, no caso de Galicia e de todo o Estado Español, a sociedade tradicional
se viu ameazada nos seus riscos de identidade por un novo modelo de sociedade,
producto do desenvolvementismo da década dos sesenta. Evolución social,
emigración, urbanización, progreso, desenvolvemento,
internacionalización/uniformización cultural... foron, son, en definitiva,
axentes fortes que están provocando a paulatina desaparición dos xogos
populares. Recuperar os xogos de sempre, sen embargo, non significa
necesariamente correr en contra dos tempos. Non se trata de recuperar formas de
vida que quedaron -e moitas veces, felizmente- atrás. Trátase, sen embargo, de
lle devolver ao xogo todo o seu valor, de ofertarlles aos nenos e nenas dos
nosos días -pero tamén aos adultos- opcións lúdicas nas que realmente quede
contrastado que o xogo cumpre todas as súas funcións.

 



page | by Dr. Radut