Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

REGRESAMOS

Feliz aninovo!  Seguro que as vacacións foron estupendas e que xa tendes as pilas cargadas para comezar o cole.

Esperámosvos o día 8 de xaneiro con moitas ganas de traballar . Guiño



 

A aula de música

 

 Xa estanos de volta do nadal. Comezamos de novo as aulas!!!!!!!!!!

Xuntos cantaremos, bailaremos, xogaremos e tamén traballaremos un pouco. Preparádevos todos que ímos comezar. Aquí iremos colocando as nosas impresións.

Ata pronto!!!!

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

 

 O pasado venres 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz.   Entre todos fixemos unha pomba xigante que deixamos exposta na entrada do centro. Tamén lemos un manifesto pola paz e firmamos nun libro. Despois vimos unha película. Temos fotos de tódala celebración. Algunhas delas están colgadas na páxina principal. 

A música na internet

Deixo aquí uns enlaces musicais:

Espero que os disfrutedes cantando e xogando nelas.

 

EN PRIMEIRO XA EMPEZAMOS A TRABALLAR SOBRE O DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de primeiro de primaria estamos pintando un cartel con referencias ao día da paz. Se queredes podedes mirar algunha foto donde estamos coloreando.

 

 

Os nenos de 3º

Aquí tedes unha pequena montaxe onde podedes ver aos nenos e nenas de 3º nas suas ocupacións.

Espero que sexa do voso agrado!!

Pinchade aquí.

A POMBA DA PAZ

O pasado venres celebramos no cole o día da Paz. Entre todos e todas elaboramos unha pomba que quedou preciosa!

 

 

 

Ver máis

XA SE ACERCA O ENTROIDO

Xa estamos traballando para preparar o Antroido 2009. Este ano recuperaremos o desfile que se faía hai anos polas rúas do pobo. Será o venres 20 de febreiro. Participarán nel todos os colexios da Guarda. O noso centro participará co tema "Escapados dun libro", donde cada curso se disfrazará coa temática dun conto ou libro. Vos seguiremos informando sobre o percorrido, horario, etc...

 

O entroido en infantil

Desfile escolar

Xa está todo preparado para o GRAN DESFILE no que participarán tódolos nenos e nenas da Guarda. Estade todos atentos porque mañá a partir das 11.30 h, as rúas encheranse de colorido e moita diversión.

Recordade que voltamos o xoves 26.

Felices vacacións
Chulo



by Dr. Radut