Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

LIMPEZA DE PRAIAS

O Día da Paz

Aquí temos o video coas actividades do Día da Paz, 2014.

 

 

O Día dos Amigos

Este ano celebrámolo San Valentín co Día dos Amigos.

Cada neno/a decorou un corazón de regalo para un/unha compañeiro/a.

 

Visitámolo Castelo de Santa Cruz

Despois de moitos aplazamentos por mor do mal tempo, por fin poidemos visitar a fortateza do Castelo de Santa Cruz, co guía do Concello que nos ensinou moitísimas cousas interesantes.

 

O Entroido

Este ano a temática do cole foi: Wally no...

Cada curso creou en espazo onde se poidese esconder este simpático personaxe.

A ver se o localizas en todos!

 

 

Moitas grazas as nais da "AMPA Os Muiños" pola súa colaboración.

O enterro do Peixe Espada

E despois destes días de entroido tivemos o enterro do Peixe Espada para cerrar estas datas festivas.

Fixémoslle un paseiño e queimámolo no patio.

DEP

 

Experimento: Creamos un volcán!

Os/as nenos/as de 5º de Primaria experimentamos na clase e creamos un volcán!

 

 

OS SUPERHÉRCULES

O pasado venres tivemos unha saída cultural ao Auditorio do Rosal onde vimos e escoitamos ao quinteto de metais da Coruña "Os Superhércules". Quenes, coa axuda dos seus instrumentos (trompetas, trompa, trombón e tuba) leváronnos nunha aventura a procura dos 3 elementos da música: a melodía, a harmonía e o ritmo. Pasámolo xenial!

 

 

HOCKEI LIÑA

Algúns dos membros da equipa de hockei liña que entrena no noso pavillón visitáronnos o pasado luns, 31 de marzo, e nos mostraron as protecións que deben levar, os patíns que usan e como se xoga.

Moitas grazas aos tres: Miguel, Fernando e Carmen.

 

PROXECTO "OS CABALOS". AULA DE 3 AÑOS



by Dr. Radut