Actividades Complementarias e Extraescolares (EACE)

ENTROIDO 2024

Subide o volume e gozade do Entroido nas Olimpíadas do noso cole!

  

  

Para acceder ao vídeos do desfile, preme enriba de cada grupo:

- ACTUACIÓN GRUPO EDUCACIÓN INFANTIL.

- ACTUACIÓN GRUPO 1º E 2º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 3º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 4º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 5º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 6º EP.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2024

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz con dous circuitos, respectivamente, un para infantil e primeiro ciclo de EP e outro para segundo e terceiro ciclos de primaria.

CONMEMORACIÓN DO 25N

Hoxe conmemoramos o 25 N sensibilizando ao alumnado nesta terrible problemática que vive a sociedade actual a través de distintas actividades. 

O MAGOSTO '23

Amosamos unha pequena mostra da fantástica xornada vivida o venres 10 de novembro durante a celebración do MAGOSTO.

Parabéns á ANPA pola súa realización.

 MAGOSTO

Así foi o noso Entroido 2023

 Dende científicos tolos ata médicos, pasando por medicinas ata fenómenos atmosféricos,

a ciencia impregnou o noso entroido.

Mandadiños do Meco 2023

ACTIVIDADE SOLIDARIA

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar pola PAZ. Nesta ocasión realizamos a carreira solidaria KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE de SAVE THE CHILDREN. O importe recadado coas doazóns realizadas polas familias ascende a 849,90 euros, que foron transferidos a dita ONG.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Podedes ver as fotos deste día accedendo á GALERÍA.

VAI VAI 22

A última xornada lectiva do trimestre tivo un aire festivo.

A ANPA tramitou a visita dos Reis Magos e Papá Noel a todo o alumnado.

 

Logo do recreo, xuntámosnos no pavillón.

Preme AQUÍ para ver o vídeo que introduciu a festa, cuns intres do 2022.

 

A continuación, comemos as uvas (ou o escollido por cada neno e nena) ao ritmo das 12 BADALADAS.

Algúns profes actuaron cun BAILE para todos os nosos nenos e nenas.

Tamén cantamos unha PANXOLIÑA adaptada dunha canción de The Beatles todos xuntos.

Para coller forzas antes do baile libre degustamos un rico CHOCOLATE CON DOUS CHURROS.

 Proximamente, máis fotos na Galería

 

CONCIENCIACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO-25N

Ademáis de traballar a concienciación CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO nas aulas, preparamos un baile ben chulo para facelo todos xuntos coa canción "Yo no renuncio", de Rozalén.

Preme na imaxe para ver o vídeo e... baila con nós contra a violencia de xénero!!

Galería de imaxes

MAGOSTO 2022

Hoxe, luns 14 de novembro, celebramos o MAGOSTO no cole.

Dous castañeiros asaron e repartiron as castañas ben quentiñas.

Logo, xogamos a diversos xogos tradicionais para axudar a facer a dixestión.

Galería de imaxes

Distribuir contido