VAI VAI 22

A última xornada lectiva do trimestre tivo un aire festivo.

A ANPA tramitou a visita dos Reis Magos e Papá Noel a todo o alumnado.

 

Logo do recreo, xuntámosnos no pavillón.

Preme AQUÍ para ver o vídeo que introduciu a festa, cuns intres do 2022.

 

A continuación, comemos as uvas (ou o escollido por cada neno e nena) ao ritmo das 12 BADALADAS.

Algúns profes actuaron cun BAILE para todos os nosos nenos e nenas.

Tamén cantamos unha PANXOLIÑA adaptada dunha canción de The Beatles todos xuntos.

Para coller forzas antes do baile libre degustamos un rico CHOCOLATE CON DOUS CHURROS.

 Proximamente, máis fotos na Galería