Proxecto de Vida Activa e Deportiva

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2024

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz con dous circuitos, respectivamente, un para infantil e primeiro ciclo de EP e outro para segundo e terceiro ciclos de primaria.

A MILLA ESCOLAR-Proxecto de Vida Activa e Deportiva

No mes de novembro, o alumnado de 6º de Infantil, 1º e 2º de Primaria comezou unha actividade baseada na MILLA diaria que consiste en percorrer esta distancia camiñando ou correndo ao aire libre. Así, buscamos mellorar principalmente o noso benestar físico e emocional. Ademáis, os días de chuvia preparamos un circuito no patio cuberto no que alternamos a carreira con actividades de trepa e iniciación á escalada.

A milla escolar contribúe a mellorar a competencia motriz do noso alumnado, a crear hábitos de vida activa e saudable e a incrementar o tempo de práctica de actividade física de calidade durante a estadía da rapazada no noso centro.  Parabéns polo voso esforzo!

        

 

Coñecendo deportes-HÓCKEY-Proxecto de Vida Activa e Deportiva

A finais de outubro recibimos a visita do “Hóckey Club Cambre”.

O noso alumnado de 6º de Infantil e de 1º, 2º e 3º de Primaria participou nunhas xornadas de iniciación a este deporte guiadas por dúas adestradoras deste Club. Nestas sesións explicaron á rapazada en que consiste o hockey a patíns, o equipamento necesario para a práctica deste deporte e, finalmente, realizaron unha serie de xogos de familiarización cos sticks e as pelotas. Tamén, invitaron aos escolares a adestrarse con elas para probar.

Moitas grazas pola vosa visita.

Esta actividade vincúlase con obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) como:

- Colaborar con asociacións deportivas e deportistas para a realización de actividades físicas e actividades extraescolares.

- Fomentar o uso activo do tempo de lecer tanto na escola como fóra da mesma.

- Coñecer os recursos deportivos dispoñibles do noso Concello e arredores.

hóckey 

CAMPIONATO DE PANO-Proxecto de Vida Activa e Deportiva

Neste primeiro trimestre, gran parte do alumnado de Primaria  está a desenvolver un Campionato de Pano no seu tempo de lecer. Por unha banda, compite o alumnado 3º e 4º de Primaria e, pola outra, os de 5º e 6º. 

Fomentar o uso activo do tempo de lecer na escola,  establecer unha conexión entre os contidos impartidos na aula e as actividades complementarias e  mellorar a competencia motriz do alumnado son algúns dos obxectivos que aparecen no noso Proxecto de Vida activa e Deportiva.