Que preciosidades poden crearse con elementos do outono. |
|||
A finais de outubro recibimos a visita do “Hóckey Club Cambre”. O noso alumnado de 6º de Infantil e de 1º, 2º e 3º de Primaria participou nunhas xornadas de iniciación a este deporte guiadas por dúas adestradoras deste Club. Nestas sesións explicaron á rapazada en que consiste o hockey a patíns, o equipamento necesario para a práctica deste deporte e, finalmente, realizaron unha serie de xogos de familiarización cos sticks e as pelotas. Tamén, invitaron aos escolares a adestrarse con elas para probar. Moitas grazas pola vosa visita. Esta actividade vincúlase con obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) como: - Colaborar con asociacións deportivas e deportistas para a realización de actividades físicas e actividades extraescolares. - Fomentar o uso activo do tempo de lecer tanto na escola como fóra da mesma. - Coñecer os recursos deportivos dispoñibles do noso Concello e arredores. |
|||
Neste primeiro trimestre, gran parte do alumnado de Primaria está a desenvolver un Campionato de Pano no seu tempo de lecer. Por unha banda, compite o alumnado 3º e 4º de Primaria e, pola outra, os de 5º e 6º. Fomentar o uso activo do tempo de lecer na escola, establecer unha conexión entre os contidos impartidos na aula e as actividades complementarias e mellorar a competencia motriz do alumnado son algúns dos obxectivos que aparecen no noso Proxecto de Vida activa e Deportiva. |