De conformidade co establecido na Orde da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, comunicamos:
Este centro esta adscrito ao IES Rego de Trabe. As familias que desexen que os/as seus/súas fillos/as continúen a súa formación nese IES deberán presentar, entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos, a solicitude (anexo I-código ED550A) debidamente cuberta no centro ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).
As listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, poden consultarse no centro.
O alumnado de 6º curso que non faga a reserva de praza no IES Rego de Trabe no prazo establecido, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no Instituto que desexen, do 1 ao 20 de MARZO, o anexo II da Orde.