Actividades Complementarias e Extraescolares (EACE)

QUE QUERES SER DE MAIOR, PEQUENA?

O alumnado de 5º de Educación Primaria acaba de ilustrar e  poñerlle voz ao conto de Sabela Fernández Trelles que leva por título  "Que queres ser de maior, pequena?" .

Preme na imaxe para velo

 

ENTROIDO NO SOFÍA!

Este ano no Sofía, coidámonos día a día.

Da saúde emocional os mimos de infantil

encárganse con moita enerxía.

Da saúde do planeta, os gardiáns do medio ambiente

vixían con maestría.

Da nosa saúde as froitas no Sofía

axudan con alegría

igual que os durmiñóns

xogan coas nosas sensacións.

 

Os colectores de quinto,

un lema ben claro, trouxeron este día:

"Reducir, reciclar, reutilizar."

Das novas tecnoloxías os compañeiros de sexto

advírtennos con sabedoría.

Así, pasiño a pasiño o entroido do Sofía

pasou este día! 

   Preme na imaxe para ver o noso entroido.

O CEIP SOFÍA CASANOVA

 Se nos queres coñecer preme na imaxe.

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!

Sabedes unha cousa?

O entroido xa está aquí!

Xa chegou outra vez!

Xoguetón e transgresor!

Preme na imaxe para coñecer os madadiños do entroido.

 

Os mecos do Sofía tráennos tres "mandadiños" para cumprir cada día. Este ano NON serán  acumulativos. Empezarémolo martes para rematar o xoves. 

 

 

 

CELEBRANDO A PAZ

"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño". Mahatma Gandhi . 

No Sofía, un ano máis, deixamos as nosas pegadas para conmemorar o Día da Paz. No seguinte vídeo achegamos unha escolma das actividades realizadas. A música empregada é de Mamá Cabra.

 Preme enriba da imaxe para velo.

A MAREA BRANCA DO SOFÍA CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

  Unha gran marea branca con moitas ganas de celebrar o día da Paz pintou o venres  o noso centro . 

 Escolleuse a música de Mamá Cabra para acompañar o baile.

 Como unha imaxe vale máis que mil palabras  convidámosvos a ver un vídeo desta conmemoración. Para velo basta con premer na imaxe.

REMOLQUE RECICLAXE

 Hoxe o alumnado tivo a charla de reciclaxe, da técnica do Consorcio das Mariñas, onde se lles informou que poden traer da casa restos dos que se queiran desfacer. Se teñen algún obxecto de tamaño grande, tamén o poden traer, pero deberán facelo só o VENRES que é o último día que estarán os contenedores selectivos.

 

O ABC DO CONSELLO ALIMENTARIO NA INFANCIA

Dado que este curso escolar estamos a traballar a saúde na escola, queremos compartir o ABC do Consello alimentario da infancia avalado pola Consellería de Sanidade.

Premendo na imaxe terá acceso ao mesmo.

 

O NOSO NADAL

 

Bo Nadal 2021

CELEBRANDO O 25 DE NOVEMBRO

 

Este xoves 25 de novembro  de 2021 celebramos o día contra a violencia de xénero.

Preme na imaxe para ver o vídeo coa escolma das actividades realizadas polo noso alumnado.

Distribuir contido