Actividades Complementarias e Extraescolares (EACE)

DE MAGOSTO!

 

 

O venres 29 de outubro para coroar as distintas actividades realizadas co gallo do Samaín celebramos un magosto.

Premendo  na imaxe pódese ver un resumo das mesmas.

 

 

CHEGOU O ENTROIDO AO SOFÍA CASANOVA!

Ao Sofía Casanova, o entroido, acaba de chegar

e a nosa rapazada, vaino festexar!

Polas rúas de Vilaboa non podemos desfilar

mais con todas e todos ímolo celebrar!

Este ano no Sofía,celebrámolo cada día!

E os mandatos dos mecos cumplimos día a día!

Preme na imaxe para coñecer as súas ordes que haberás de acumular día tras día.

 

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Esta semana estivemos a celebrar o Día da Paz. Todos os cursos creamos unha pequena coreografía para bailar a canción escollida para esta conmemoración. Deixamos aquí a  nosa aportación.

Para ver o vídeo preme na imaxe.

25-N NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis queremos deixar constancia das nosas aportacións na celebración do 25-N Día  en contra da violencia de xénero. Premendo na imaxe pódese ver un vídeo coas actividades realizadas nas distintas aulas.

 

Actividades Complementarias e Extraescolares

                                 

         
SAÍDAS CULTURAIS                                FESTAS      CONMEMORACIÓNS

O CEIP SOFÍA CASANOVA ANTES DA PANDEMIA

O NOSO SAMAÍN

Xa está á vosa disposición o vídeo que elaboramos cos traballos que se realizaron nas aulas para celebrar o Samaín.


Preme na imaxe para velo.

Distribuir contido