Fotos 1º e 2º curso 2016-17

 Participando no proxecto “Con Vigo na maleta” aprendimos moitas cousas sobre a cidade de Nova York .

    Tamén descubrimos que houbo un barrio de emigrantes españois en Nova York chamado Little Spain. Con todo isto fixemos a maleta de Xan e a maqueta de Central Park.

    Gústanos Nova York!

 

Estivemos “cociñando con ciencia” con Pepe Solla.

 

Chegou o Nadal e con el a nosa actuación dos trasnos do Nadal, as cartas aos Reis … Foi  moi bonita a convivencia entre as dúas clases.

 

Onde está Wally? En Londres? En París? En Nova York? …. Wally está na Sobreira! Canta ilusión nos fixo!

Os nenos de 1º e 2º aprendimos moito das nosas avoas, que nos contaron a súa experiencia na emigración.

 

Fomos á biblioteca do Centro Cultural de Valadares. Alí  recordamos  como funciona unha biblioteca escoitamos contos e participamos nun obradoiro.

No día do medio ambiente escribimos desexos para que as nosas árbores sobreiras novas poidan crecer co noso cariño e respecto. Puxémoslles nomes: "Sobre" e "Irita"!

Divertímonos moito na romaría nas Letras Galegas!

Saímos de excursión polo barrio de Bouzas para coñecer o casco histórico e os muráis rueiros da cidade de Vigo.

 

    Despois visitamos o museo do mar onde aprendimos moitas cousas sobre o tiburón Jason.

 

Que ben o pasamos na festa da escuma!!

E para rematar o curso…Todos á Praia!! Pasámolo xenial na Praia da Xunqueira en Moaña.

 

E para rematar o curso…. Fixemos un espectáculo de maxia para os nenos e nenas de 2º con carteis e moitos trucos…!

 

Celebramos os nosos cumples…

Grazas a todas as familias por colaborar tanto!!SorrisoSorriso