Estas son as miñas recomendacións para o verán. Atopeino cacheando pola internet e gustoume moito para compartilo con todos/as vós. Eu vou tentar riscar os máximos posibles; a ver cantos riscades vós!
Tamén ler moito (en galego tamén!!!), levar as contas das viaxes, xestionar os vosos cartos, estimar canto vos vai costar algo que queredes e o tempo que vos vai levar aforrar para iso, comprensións lectoras, fichas dos libros que leades, diario de abordo...O Snappet vai quedar á vosa disposición tamén e temos pendente unha pequena excursión ao Galiñeiro, que está a ser organizada (se o Covid-19 nolo permite).
Bo verán e boas (e ben merecidas) vacacións!!!
Bicos e apertas!!!