ODAIKO PERCUSSION GROUP NAS ESCOLAS

16/01/2013 10:00
16/01/2013 13:00
Europe/Paris

 

Neste concerto, Odaiko fará un percorrido musical pola historia da humanidade desde os seus inicios, centrándose especialmente na relación existente desde sempre entre o ser humano e o mundo da percusión.

Acompañados por un narrador en off, Odaiko proponnos unha divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sons da percusión moderna, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas son os puntos clave.