Semana 20-24 de abril

Esta semana imos traballar:

 

  1. De matemáticas envíovos a teoría, xunto con exercicios dun libro que teño online. Non fai falta que imprimades todo, se mo ides facendo por días na libreta co número de cada exercicio váleme. Eu tamén os vou facer así. Coas fichas tamén, poñédesme o título de cada ficha e o exercicio e eu xa me aclaro. 

  2. Potencias e repaso dos primeiros temas de matemáticas. 

  3. O substantivo tanto en galego coma en castelán, vounos ir alternando para que se faga máis ameno. 

  4. Rematar as preguntas de naturais ao longo da semana. Para a semana faremos as preguntas tipo test online e comezaremos tema novo. Ídeas estudando. 

  5. Venres: preguntas tipo test do tema de sociais. Preguntas que vos vou pasar para facer online. Estudade, son das preguntas que fixemos na libreta. 

  6. O xoves é o DÍA DO LIBRO, co cal, gustaríame que, no voso tempo libre:

    1. fixérades unha foto sostendo na man o voso libro favorito (ou un deles)

    2. un vídeo recomendando un libro

    3. lectura dun conto infantil, usando debuxos, bonecos, peluches… a imaxinación e a creatividade ao poder!

    4. mandádeme todo ao meu correo: mestra.rosanars@gmail.com

As tarefas están en:https://drive.google.com/open?id=1JkfjK5JZ80Zoz5HQcOLUYbMEgBp7rp20

 

Espero que esteades todos e todas ben, 

Bo día!

Biquiños e apertas.