Quefaceres de hoxe (mércores, 01-04-2020)

Bos días! 

 

Benvidos e benvidas ao Mesón de Max. Hoxe de menú do día temos:

Para ir abrindo a boca: 

- Petiscos múltiplicados polas veces que queirades.

- 48 croquetas a repartir entre os 24 que sodes.

 

Unha vez feito sitio na barriguiña, seguimos:

- O mesmo dá comer ben que ben comer: Guiso de sinónimos e antónimos coas súas pataquiñas.

- Todo o que vaia á parrilla é bo: antónimos volta e volta, no seu punto xusto. 

 

De postre:

- Algo feito na casa: Queique da sociedade española. Que leva? Dicídemo vós que xa estades cansados de sabelo!

 

Menú online: https://drive.google.com/open?id=1bOguS5SQFFbbyGRq96WPfEsuOJ4tPB5W

 

Espero que esteades todos e todas ben, 

bicos e apertas,

Rosana.