Bo día a todos e todas!!

Bos días!

Hoxe mándovos unha proposta de actividades de Lingua galega, Ciencias da natureza e Ciencias sociais, coma de costume. Agardo que vos saíran estupendamente eses experimentos e eses poemas, teño moitas ganas de velos!

Con respecto á corrección que mandei o venres hai un erro na última ficha de Ciencias sociais, detectada por uns olliños moi atentos! Así me gusta! A profe tamén se equivoca ás veces! Como seguro que xa vos decatastes, o acantilado é o C e a meseta o D.

Desculpade o erro e seguide traballando así de ben!

Xa queda menos para volver a vernos!!

Apertiñas ao lonxe!

 

Lingua Galega                                   Ciencias Sociais   

                           Ciencias da natureza

 

P.D. Déixovos o enlace aos contacontos de Kalandraka por se é do voso interese. http://kalandraka.tv/gl/index.php