5º, fas a túa recomendación de lectura??

Como estamos nestas circunstancias extraordinarias... estiven a cabilar...e este curso en lugar de Lecturas Voluntarias podedes facer RECOMENDACIÓNS!!!

 En circunstancias normais, durante este mes de marzo, as/os voluntarias/-os e leotecarios de 5º e 6º estaríades a preparar as  lecturas para os compis de educación Infantil, Prepararíamos os "Pasaportes de Lecturas" e tamén un agasallo para entregarlles tras as lecturas.

Moitísimas grazas!!!

Espero que sigades con ánimo e forzas. Eu confío en que sodes quen de superar isto!! As nenas e nenos da Sobreira sodes SÚPER!!