Tarefas de hoxe (venres, 27-03-2020)

Bos días:

As tarefas de hoxe son:

MATEMÁTICAS:

  • Contas básicas
  • Problemas

LINGUA CASTELÁ:

  • C.L.: "Cómo empezamos a contar".
  • O son "G" suave. 

LINGUA GALEGA:

  • A linguaxe e as linguas. 

NATURAIS:

  • Esquema dos ecosistemas terrestres: do Polo ao ecuador. 

LINK: https://drive.google.com/open?id=1mRf8lThkLVOVyiudwBvJkoiUbD11neJg

Ao final da mañá subirei as tarefas corrixidas para que vos poidades autocorrixir. Se algo non sabedes facer ou non entendedes como se fai, marcádeo cun "?" e explícovolo cando voltemos á clase, se queredes. De todas formas, non vos preocupedes, o importante é que teñades boa saúde (física, mental e emocional) e que a vosa mente siga traballando baixo unha rutina de traballo. 

Propóñovos algo: xogade a ser mestres/as; puntuade as vosas fichas despois de corrixir. Vouvos poñer o total de acertos e vós tedes que poñer os que vós tivéchedes. Acordádesvos como se facía a "regra de tres": se ter o total ben equivale a un 10 e eu teño tanto... Hai que multiplicar o que vós sacáchedes por 10 e dividir entre o que tiña que ter para ter o 10. Por exemplo: se nesta ficha hai 20 solucións e ter as 20 ben é un 10, eu que teño 12 ben, que nota terei? (12x10): 20 = 120:20= 6. Tería un 6. Usade a calculadora. 

Espero, con isto, animarvos un pouco a distancia. 

Moitos biquiños e apertas, 

Rosana.