Tarefas de repaso na casa

Atendendo ás condicións nas que estamos e para orientar o traballo do alumnado na súa casa, subín unha serie de documentos para traballar diferentes contidos dados a fin de repasar e afianzalos. Estes documentos están colgados en diferentes carpetas por áreas curriculares, en Google Drive, compartido polo seguinte link: 

https://drive.google.com/open?id=1JkfjK5JZ80Zoz5HQcOLUYbMEgBp7rp20

Por último, aclarar que, os exercicios dos mesmos non contarán para nota, son só orientativos para traballar e repasar na casa. A través da aplicación ClassDojo tamén vou guiando ao alumnado e ás súas familias pero non é necesario, só é para un contacto directo entre o alumnado e eu. 

Ata que volvamos a vernos,

boa estancia na casa,

saúdos,

Rosana.