TAREFAS PARA EVITAR O ABURRIMENTO

Nestes días nos que nos vemos obrigados a quedar na casiñaSelado,podemos aproveitar para ler contos en familia, facer xogos coas letras, encrucillados, crebacabezas, facer pequenas sumas e restas  (mellor de maneira manipulativa, con garabanzos, moedas...), inventar problemas matemáticos sinxelos, manualidades coas cousas que atopemos na casa... Calquera cousa que nos axude a levar mellor o día a día e de paso nos sirva para non esquecer as aprendizaxes adquiridas nos últimos meses. Non esquezades a importancia do xogo e o exercicio físico que, se ben dentro da casa non é doado, tampouco é imposible. 

Botádelle imaxinación!!!Guiño

Nos vindeiros días iremos deixando suxerencias, recursos, enlaces..., que vos poden axudar. Non é obrigatorio facer todo o que aquí publiquemos. Podedes facer todo, algo ou nada; iso si,  é moi importante practicar a lectura todos os días.

Polo momento, aquí vai un material para repasar o tema que estabamos a traballar en ciencias naturais pero en lingua galega. 

Moito ánimo a tod@s!!!

 

SEMANA 1

OS ANIMAIS (CIENCIAS DA NATUREZA EN GALEGO)

MATEMÁTICAS    (ENLACE WEB CON SUMAS, RESTAS, DECENAS, NÚMEROS ATÉ O 20...)

A CASA       (CIENCIAS SOCIAIS EN GALEGO)

 

 

SEMANA 2

Luns 23

CADA DÍA UNHA RIMA

PARA LER, PARA XOGAR, PARA DEBUXAR E COLOREAR, EN GALEGO E CASTELÁN.

Cada día da semana unha nova rima para xogar coas palabras, completar os debuxos, colorear as ilustracións, memorizar e recitar...

LUNS 23: "O pirata Malxenio"

 

Martes 24

CADA DÍA UNHA RIMA: "Inglaterra"

UNHA DE MATES: RESTAS

LINGUA CASTELÁ: COMPRENSIÓN LECTORA

 

Mércores 25 

UNHA RIMA CADA DÍA: " O lagarto"

 UNHA DE LETRAS: Enlace web con xogos para practicar a lectura

UNHA DE MATES: sumas de tres números

 

Xoves 26

Ola a tod@s!!! Hoxe imos lembrar o que traballamos en Ciencias da Natureza sobre a importancia da auga na natureza, na nosa vida diaria, os seus usos...

E por certo...non esquezades lavar ben as mans. Iso si, mentres as frotades con xabón, pechade a billa da auga... para aforrarGuiño

Bicos a tod@s das vosas profes!!!

UNHA DE CIENCIAS: "A AUGA" 

UNHA RIMA CADA DÍA: "Os amigos"

ENGLISH TIME: Write the numbers in English (Escribe os números en inglés)

MÚSICA

 

Venres 27

UNHA RIMA CADA DÍA: " O gato nugalllán"

BARULLO DE LETRAS: Atopa os nomes dos teus compañeiros

PRESTA ATENCIÓN: Observa os obxectos deste exercicio

ENGLISH TIME: Pincha no enlace para ver un conto moi bonito que fala da importancia de querernos como somos

https://youtu.be/FrmZeXf7ScU 

 

SEMANA 3

Luns 30

UNHA RIMA CADA DÍA: "El sol multó a la luna" - DICTADO

UNHA DE MATES: Series e descomposición de números

ENGLISH TIME: Listen to THE FAMILY words and find the correct one for each picture (Escoita as palabras da familia e atopa a correcta para cada debuxo). PINCHA NO ENLACE: 

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/family

 

 

Martes 31

 

UNHA DE LINGUA: "A auga máxica" (lectura)

UNHA DE MATES: XOGAMOS COA XEOMETRÍA (enlace para xogar coas figuras xeométricas)

 

Mércores 1 de abril

UNHA RIMA CADA DÍA: "Moscas y mosquitos"

UNHA DE MATES: SERIES ATA O 39

 ENGLISH TIME: FARM ANIMALS 

Listen to the FARM ANIMALS and put them in the correct place (Escoita os animais da granxa e colócaos no lugar correspondente).

 

Xoves 2 de abril

UNHA RIMA CADA DÍA: "El coche de mi papá"

UNHA DE MATES: Restas

UNHA DE LINGUA - LECTURA: "O máis forte"

ENGLISH TIME: Today we review THE COLORS. Listen and put in the correct place. (Escoita e colócaos no lugar correspondente)

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/colours