Traballo Persoal

Fixemos varios cambios de rutinas e sitios. Agora estamos separados e traballamos cada un no seu arquivador. O tempo diario de lectura, xa que clausuramos o mercadillo, estamos a adicalo a ler e facer teatro e recitar poesía.

Estas últimas semanas do curso, que xa estamos moito máis cerca de ser alumnos e alumnas de 2º, estamos a recoller e ordenar todos os traballos e preparando as carpetas de english-science-arts, escritura e lectura.

 

Traballando cada un no seu pupitre podemos centrarnos no que cada quen ten que insistir. Están a facer un gran esforzo para traballar a bo ritmo en silencio. Por iso declaramos a semana do luns 18 ao venres 22 como "Semana Fantástica" xa que ímola adicar: a repasar xogando no encerado dixital, recoller a aula, a excursión da praia e asistir ás actuacións das extraescolares.

Algúns exemplos de xogos de lecto-escritura na rede:

(clicade nas imaxes para enlazar)