Curso 2020/21

BO VERÁN !

                                                 

Boas novas: incorporación ao PLAN DE BIBLIOTECAS ESCOLARES ( PLAMBE ) para o vindeiro curso.

O esforzo e o traballo ben feito sempre ten a súa recompensa.

Seguiremos traballando para facer un centro máis innovador, dinámico e inclusivo.

Agora toca recargar as pilas para vivir máis aventuras.

BO VERÁN.

ÁNGELES ALVARIÑO

                                                                                   

 

No mes de xuño levamos a cabo un traballo de investigación sobre Ángeles Alvariño

Ángeles Alvariño foi considerada unha autoridade mundial en investigación do zooplancton mariño a súa especialidade. Logrou ser a primeira muller en participar na expedición científica do buque inglés Sarsia. A súa pericia e entrega deu como resultado o descubrimento de 22 novas especies de plancton.

Pon nome o buque oceanográfico Ángeles Alvariño, que  participou nas tareas de búsqueda dos corpos de Anna e Olivia, as nenas de Tenerife, e o seu pai, Tomás Gimeno.

   

Así de chulos quedaron os nosos FONDOS MARIÑOS.

FIN DE CURSO

Aínda que non puidemos despedir o curso como nos gustaría, o martes 22 foi un día cheo de emocións e actividades.

- Agasallos 

Lourdes, Mónica e Óscar viñeron a entregarnos os agasallos pola nosa participación na actividade Contos ao teléfono Xela Arias que organizara o concello con motivo da celebración das Letras Galegas.

                                          

  

- Festival virtual:

O alumnado preparou un pequeno video con actuacións e a ANPA tamén colaborou cun contacontos virtual.

   

- Entrega de orlas: Fixemos a entrega de orlas ao alumnado que cambia de etapa.

 

6º EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

 

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acompañáronnos as familias do alumnado de 6º de Ed. Primaria. Fixemos un video de despedida con moito cariño que esperemos que vos guste.

PARABÉNS E MOITA SORTE ! Seguiremos aquí para o que necesitedes.

Fixéronnos un agasallo precioso. MOITÍÍÍÍSIMAS GRACIAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!

                                                                            

AIRES INNOVADORES

AULA DE INFANTIL 2021

 
                                           

                                                                                 

 

BIBLIOTECA ESCOLAR

 

 

                                                                                       

DÍA DO MEDIO AMBIENTE: 5 DE XUÑO 2021

                                Pincha na imaxe

DÍA DO MEDIO AMBIENTE: 5 DE XUÑO

Diversas actividades para conmemorar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE.

OBRADOIRO CON MATERIAL DE REFUGALLO

O alumnado de 3º,4º,5º e 6º participaron nun obradoiro de percursión con material de refugallo.

 

   

 

PLANTACIÓN DUNHA ÁRBORE

 

Para conmemorar o Dia Mundial Del Medio Ambiente o concello uniuse á iniciativa Un Árbol Por Europa plantando árbores autóctonas nos colexios do concello e arredor do depósito municipal de auga de Cerdedo.

Cerdedo Cotobade busca así implicar ás xeracións futuras na loita contra o cambio climático e o desenvolvemento sostible.

Os nenos dos tres colexios plantaron xunto co alcalde e o servizo de medio ambiente as seguintes árbores:

Ceip Carballedo. Un carballo.

Ceip Tenorio. Un carballo.

Ceip San Xoán Bautista. Unha cerdeira.

Depósito municipal de auga. 4 carballos, 3 castaños e 1 bidueiro.

A iniciativa Un Árbol Por Europa nace da asociación xuvenil Equipo Europa e do Parlamento Europeo e xa hai máis de 450 concellos de España unidos a esta iniciativa.

   

OBRADOIRO DE MARACAS

O alumnado de 1º,2º e infantil elaboraron unhas divertidas maracas con material reciclado.

 

VIDEOCONFERENCIA CON MAR ROMERA

                                                                                                                    

 

O alumnado de 5º e 6º participou nunha charla por videoconferencia con Mar Romera, o mércores 12 de maio, sobre a xestión das  emocións.

   

OS MAIOS

Dándonos conta de que moito alumnado descoñecía a tradición dos maios, este curso animámonos a facer un. Aquí podedes ver o resultado final.

                
       

Powered by Drupal - Design by artinet