Deporte Escolar

PLAN PROXECTA 2019/20: EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA.

Dende o 16 de marzo de 2020, en pleno Estado de Alarma, estivemos confinados na casa para combater a COVID-19. Pero seguimos traballando a distancia cos nosos alumnos/as. En Educación Física xa non houbo clases presenciais nin xornadas de competición do XOGADE, pero si fixemos actividade física a distancia.

Para iso propuxemos dende o centro distintos exercicios e retos como: MONOPOLY DE EDUCACIÓN FÍSICA, IOGA PARA NENOS/AS, ACTIVIDADE FÍSICA NA CASA...

MODELO DE ACTIVIDADES PROPOSTAS NA AULA VIRTUAL.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanxoanbautista/aulavirtual/

EDUCACIÓN FÍSICA EN DÍAS DE CONFINAMENTO.

ACTIVIDADES DE EF.

·        

MONOPOLY DE EFURL

Propóñovos un Monopoly con actividades físicas. Que o difrutedes.

·        

“Móvete connosco na casa”URL

 PLAN PROXECTA: “Móvete connosco na casa”. Velocidade de reacción.

·        

MÓVETE CONNOSCO NA CASA.URL

PLAN PROXECTA: móvete connosco na casa: Forza e resistencia. 

·        

Móvete connosco na casa.URL

PLAN PROXECTA 2020: Móvete connosco na casa. Iniciación ao Ioga.

·        

PLAN PROXECTA 2019/2020.Ficheiro

PLAN PROXECTA 2019/2020: IOGA PARA NENOS_1.

Practica estes exercicios na túa casa.

·        

PLAN PROXECTA 2019/20: IOGA PARA NENOS_2.Ficheiro

PLAN PROXECTA 2019/20: IOGA PARA NEN@S 2.

 

PLAN PROXECTA 2019/20: FORCAREI-CERDEDO, 05/03/2020.

O xoves 5 de marzo de 2020 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria fomos competir a Forcarei. Xogamos a Fútbol sala, balonmán e minibasquet, con equipos mixtos ao 50% (metade nenas e metade nenos). Tamén foi un día de convivencia.

Competindo na pista. Animando na grada.

PLAN PROXECTA 2019/20: TENORIO-CERDEDO, 20/02/2020.

O xoves 20 de febreiro de 2020, os equipos benxamín (3º e 4º de Primaria) e os alevíns (5º e 6º) fomos competir a Tenorio. Competimos no pavillón (balonmán e fútbol sala), no patio exterior (minibasquet), no ximnasio (badminton) e na biblioteca (xadrez). Arbitraron e organizaron os profesores dos dous centros.

Preparándonos para empezar. Os alevíns tomando un respiro.

PLAN PROXECTA 2019/20: CAMPO A TRAVÉS, 21/01/2020.

O martes 21 de xaneiro de 2020 os alumnos/as de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participaron no Campo a través da nosa zona deportiva na área recreativa "Chan de Caritel" en Pontecaldelas. Pasámolo moi ben e cada un demostrou a súa valía.

PLAN PROXECTA 2018/19: XORNADA DE CLAUSURA.

Este curso non houbo a concentración de todos os centros, entregamos as medallas no centro o día do Festival Final de curso.

entrega de medallas 2019_1 entrega de medallas 2019_2
Profesores entregando as medallas. Equipo alevín 2018/19.

PLAN PROXECTA 2018/19: CERDEDO-CAMPOLAMEIRO, 15/05/2019.

O MÉRCORES 15 DE MAIO DE 2019 COMPETIMOS CONTRA O COLEXIO DE CAMPOLAMEIRO. XOGAMOS A XADREZ, FÚTBOL SALA, MINIBASQUET E BALONMÁN. (Non deu tempo a xogar a Badminton).

Xogou o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. En dúas categorías: benxamín (3º-4º) e alevín (5º-6º).

Foi unha xornada intensa.

 
Equipo Benxamín de Cerdedo 2018-2019.  

PLAN PROXECTA 2018/19: SOUTELO-CERDEDO, 26/03/2019.

O martes 26 de marzo de 2019 fomos cos bencxamíns e alevíns a competir a Soutelo de Montes.

Competimos no pavillón de Soutelo a Balonmán, Minibasquet e Fútbol sala. Acompañounos a Directora Coral e o titor de 3º e 4º o profe Jose.

Recuperando o balón. Recibindo unha falta.

PLAN PROXECTA 2018/19: CERDEDO-FORCAREI, 15/03/2019.

O venres 15 de marzo de 2019 competimos contra Forcarei no pavillón de Cerdedo. Xogamos a Fútbol sala, minibasquet e balonmán (non tiñan xadrez). Os de 3º e 4º xogaron contra os benxamíns de 3º e 4º; Os alevíns foron os de 5º e 6º.

Pasámolo moi ben.

A aficción animando. O equipo alevín co profe Jose.

PLAN PROXECTA 2018/19: CERDEDO-TENORIO, 21/02/2019.

O xoves 21 de febreiro de 2019 visitounos o colexio de Tenorio. Xogamos a minibasquet, balonmán, fútbol sala e xadrez. Pasámolo moi ben e animamos aos nosos equipos.

Equipo benxamín preparado para balonmán. Equipo alevín xogando ao xadrez.

PLAN PROXECTA 2018/19: CAMPO A TRAVÉS, 16/01/2019.

O mércores 16 de xaneiro de 2019, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria fomos a correr á área recreativa de Caritel, en Pontecaldelas. Competimos contra os colexios da nosa zona (Terra de Montes): Soutelo, Forcarei, Campolameiro, Tenorio, Carballedo, A Reigosa, A Lama e Pontecaldelas (Fornelos non asistiu). As categorías foron: Benxamín (3º), Alevín (4º e 5º) e Infantil (6º).

Saída do cross. Foto de grupo.

Powered by Drupal - Design by artinet