DÍA DO MEDIO AMBIENTE: 5 DE XUÑO

Diversas actividades para conmemorar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE.

OBRADOIRO CON MATERIAL DE REFUGALLO

O alumnado de 3º,4º,5º e 6º participaron nun obradoiro de percursión con material de refugallo.

 

   

 

PLANTACIÓN DUNHA ÁRBORE

 

Para conmemorar o Dia Mundial Del Medio Ambiente o concello uniuse á iniciativa Un Árbol Por Europa plantando árbores autóctonas nos colexios do concello e arredor do depósito municipal de auga de Cerdedo.

Cerdedo Cotobade busca así implicar ás xeracións futuras na loita contra o cambio climático e o desenvolvemento sostible.

Os nenos dos tres colexios plantaron xunto co alcalde e o servizo de medio ambiente as seguintes árbores:

Ceip Carballedo. Un carballo.

Ceip Tenorio. Un carballo.

Ceip San Xoán Bautista. Unha cerdeira.

Depósito municipal de auga. 4 carballos, 3 castaños e 1 bidueiro.

A iniciativa Un Árbol Por Europa nace da asociación xuvenil Equipo Europa e do Parlamento Europeo e xa hai máis de 450 concellos de España unidos a esta iniciativa.

   

OBRADOIRO DE MARACAS

O alumnado de 1º,2º e infantil elaboraron unhas divertidas maracas con material reciclado.

 

Powered by Drupal - Design by artinet