O noso centro é un dos centros escolares participantes na IV edición da " COME LOCAL", campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través de @experienciasdecalidadedegalicia.
Entre outras cousas, achegarase varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP,IXP e Ecolóxicos de proximidade ) a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nosos nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe en Galicia e cunha trazabilidade garantida.
MÉRCORES 13 DE DECEMBRO: TENREIRA GALEGA |
|
VENRES 12 DE XANEIRO: QUEIXO ARZÚA - ULLOA
Tocoulle ao QUEIXO ARZÚA - ULLOA, unha sobremesa que fixo as delicias dos nosos comensais que xa o coñecían e a posibilidade de probalo aos que nunca o fixeran.
MÉRCORES 24 DE XANEIRO: CHARLA PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º
Ana faloulle ao alumnado sobre os alimentos locais de calidade, que son os de proximidade, teñen certificados de orixe e/ou certificados ecolóxicos.
Falaron sobre as Denominacións de Orixe Protexidas ( DOP ) e as Indicacións Xeográficas Protexidas ( IXP ) e que produtos galegos teñen estas certificacións.
Tamén falaron da agricultura e gandaría ecolóxicas e o seu consello regulador, aquí en Galicia, CRAEGA.
Por último, falaron de como poden aplicar o aprendido para alimentarse mellor e o importante que é o traballo de tódalas persoas involucradas en que lles cheguen alimentos ao prato.
VENRES 8 DE MARZO: FABAS DE LOURENZÁ
Cuarto producto degustación do programa COME LOCAL: FABAS DE LOURENZÁ. Preparadas con ameixas por Vanessa, deliciosas.
VENRES 10 DE MAIO: FROITA ECOLÓXICA
Quinto producto degustación: froita ecolóxica. Neste caso kiwi.