A nosa horta segue medrando e pronto poderemos facer a colleita, mirade as nosas berzas e patacas qué fermosas están.
Os amorodos tamén asoman, a ver se os paxaros nolas deixan probar.
O venres 27 o alumnado de 5º e 6º e a profe Bea xunto conmigo fixemos a ruta cabenca-Cavadosa .O día non poido ser máis solleiro.Anduvemos varios km pero pasámolo xenial .Valeu a pena ,o entorno é idílico e quedáronnos ganas de repetilo ....veremos se o próximo curso somos quen de repetilo pero ahora xa coñecemos o traxecto polo que nos vai a ser máis doado.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da nosa andaina .
Onte démoslle a benvida ao mes mais florido do ano ,e que mellor maneira que facendo un MAIO.
Entre todos argallamos un ,non é moi grande pero quedounos xeitosiño.Despois falamos do seu significado ,da natureza que está a despertar do letargo invernal e de como vai agasallándonos cos seus froitos e flores de tan variadas cores.
Moitas grazas a todos por participar ,uns e outros fixestes posible esta vistosa estampa.
O día 8 de marzo comezamos un pequeno proxecto emulando as cianotipias de Anna Atkins, tivemos que agardar a un día solleiro para poder rematalo, e por fin chegou o venres!!!!!!! Aquí tendes unha pequena mostra do que fixeron os nosos grandes artistas guiados por Cris e Sara, que lle explicaron moi ben o que tiñan que facer. Pasámolo Xenial!!!
O procedemento foi o seguinte:
1. Composición libre feita polos nenos coas follas recollidas no roteiro e coa combinación de outros elementos.
2. Exposición ao sol durante uns minutos cun papel fotosensible.
3. Lavar a creación con abundante auga.
4. Secado ao aire libre.
Onte tivemos un día estupendo e aproveitamos para facer un roteiro pola contorna.
Andivemos á procura de diversas follas e plantiñas .
Próximamente, cando o tempo nolo permita, faremos ,con esas follas que collemos ,unha actividade moi chula .Trátase de facer CIANOTIPIAS diferentes cada neno e nena.Teremos que agardar a ter un día solleiro para poder levar a cabo esa actividade .
Agardamos que vos guste tanto coma a nós.En canto as teñamos exporémolas aquí para que vexades os resultados .
Desta maneira aprendemos cousas novas e tamén lle rendimos unha pequena homenaxe a ANNA ATKINS que foi A PRIMEIRA MULLER FOTÓGRAFA DA HISTORIA.xa que hoxe conmemoramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
|
O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un traballo de investigación sobre Polonia e Lituania, xa que están tendo un intercambio epistolar con alumnado deses dous países dende a clase de inglés coa súa Teacher Carmen, así que puxéronse mans á obra e aquí tendes unha escolma das súas pesquisas.
Esperamos que vos guste!
https://www.canva.com/design/DAE4a53XqW4/GxIcYVmCo0SWY1-nnWLiaw/view?utm...
Onte celebrouse o día do amor, e no cole estamos tendo moito amor pola poesías así que o alumnado de 5º e 6º volcouse facendo uns versos moi divertidos .Isto non é máis ca un aperitivo do que se aveciña .Estade atentos que próximamente van a sorprendervos estes poetas noviños.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2015 |