ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión para novo alumnado do 1 ao 20 de marzo.
As solicitudes poderán presentarse:
- Presencialmente no centro, acompañadas da fotocopia do DNI ou libro de familia
- Na Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Os impresos de solicitude pódense coller no colexio de 10:00h a 13:00h, tamén se poden descargar premendo aquí: Solicitude de admisión
Normativa de aplicación:
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, que regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Calendario de aplicación:
1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
2. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
3. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
4. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.
5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
6. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.
7. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
VACANTES DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA 2024-2025
CURSO |
VACANTES |
*EDUCACIÓN INFANTIL 4º-5º-6º |
7 |
*1º EDUCACIÓN PRIMARIA |
3 |
2º EDUCACIÓN PRIMARIA |
5 |
3º EDUCACIÓN PRIMARIA |
8 |
4º EDUCACIÓN PRIMARIA |
3 |
5º EDUCACIÓN PRIMARIA |
6 |
6º EDUCACIÓN PRIMARIA |
5 |
Vacantes estimadas en base ás permanencias e matrícula actual do centro.
*3 prazas están reservadas para alumnado con NEAE, que, no caso de non ser demandadas, pasan a vacantes ordinarias.
FROITA FRESCA E LEITE NOS RECREOS
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »