PROGRAMA DE INTERCAMBIO ESCOLARES EDUEXCHANGES
Aquí vos deixamos o video resumen do PROGRAMA DE INTERCAMBIOS ESCOLARES EDUEXCHANGES.
Esperamos que vos guste. Para nós foi unha experiencia enriquecedora e motivadora. Para repetir.
DIA DO MEDIO AMBIENTE
Para conmemorar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE, realizamos varias actividades:
- OBRADOIRO DE ECOPERCURSIÓN
- EXPOSICIÓN DE REVITALIZA
EU MEDRO CO GALEGO
Actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
O alumnado tivo que superar unha serie de retos lectores que lle puxo Xoaniña na biblioteca e con libros en lingua galega.
O producto final foron estas caixas decoradas coas palabras que máis lle gustaron.
OBRADOIRO ENERXÍAS RENOVABLES
O mércores 25 de maio o alumnado participou en diversos obradoiros sobre as ENERXÍAS RENOVABLES e
a eficiencia enerxética organizados pola compañía NATURGY.
ENCONTROS INTERXERACIONAIS
O xoves 19 de maio saimos de visita pola vila para repartir marcapáxinas de Florencio Delgado.
Sin dúbida unha das visitas máis emotivas foi a do Centro de día.
Os nos@s peques alegráronlle as caras aos maiores por uns minutos e a señora Palmira incluso nos deleitou
cunha poesía escrita por ela para o Día das Letras Galegas.
Quedamos de volver para seguir intercambiando historias e vivencias.
Experiencias moi enriquecedoras tanto para peques como para maiores.
NUBE IRIDISCENTE
O xoves 19 de maio durante o período de recreo despois do comedor puidemos fotografiar un efecto óptico que nos chamou a atención.
Enviamos a foto ao tempo da TVG para que nos deran unha explicación. Tratouse dunha nube iridiscente
Ademáis foi seleccionada a foto para poñela no telexornal do serán.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »