Blogues

INFANTIL GALÁCTICA 1º TRI.

Este ano cambiaron cousiñas na nosa aula de Infantil. 

Agora somos 2 unidades.

Nós somo INFANTIL GALÁCTICA, a aula de 6º e media de 5º de E.I. 

Estamos a facer un montón de actividades que estamos desexando compoartir con todos vós. 

Duranto o 1º trimestre  tratamos 4 secuencias de aprendizaxe: 

(pincha en cada imaxe para ver a actividade e volve atrás para seguir ollando o noso blog)

- ASÍ SOMOS NÓS


 

- A MAXIA DO SAMAÍN:

secuencia na cal realizamos SOPAS DE BURXA!!! 

 

- COMO VEMOS O OUTONO:

onde deixamos voar a nosa imaxinación creando composicións con elementos naturias

e sobre masa de sal. 


- SECREDOS DO NADAL : 

entre as actividades destacamos estos preciosos

agasallos feitos con moito mimo. 

 

Paralelamente comezamos a investigación do proxecto anual deste curso o cal ten como centro de interese o ESPAZO. 

Ata agora,  a nosa investigación centrouse nos 8 planetas que forman o noso sistema solar, vendo algún dato curiosos de cada un deles. 

 

Recomendacións de lectura- NADAL 2023

O nadal é un momento de lecer e de maxia, aquí vos deixamos algunha recomendación para desfrutar deste momento.

Bo nadal a todos e todas!!


Radio Xoaniña

Algo se estaba argallando na biblioteca escolar e para iso alumnado e profesorado recibiron a formación necesaria para poñer o proxecto en marcha, dádelle a benvida a "Radio Xoaniña".

 

Contactamos con Denis de Rede Espora e el axudounos coa xestión tecnica e a propia locución co alumnado. Unha experiencia moi positiva para toda a comunidade como podedes apreciar nas seguintes imaxes.

 

 

O primeiro programa está adicado á biblioteca, pero de seguro virán moitos outros, non dubidedes en deixarnos as vosas preferencias ou inquedanzas nos comentarios.

Xa podedes escoitar as voces dos grandes locutores!!

 

 

 

SAMAÍN

O 31 de outubro celebramos o Samaín na biblioteca escolar cos contos coa bruxa. O alumnado participou nun contacontos sensorial, tratando de averiguar os elementos que ían tocando.

 

 
E chegando ao fin da xornada preparáronse para o noso particular "truco ou trato".
 
 

Contacontos “Filipa cos contos”

Para comemorar o día das bibliotecas, o luns 23 de outubro fomos convidados á asistir ao contacontos "Filipa cos contos" presentado pola compañía Bandullo Azul no auditorio.

Participamos, rimos e desfrutamos!!

Día das bibliotecas, 24 de outubro

O 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas e todo o alumnado visitou as bibliotecas de aula. Desfrutaron da lectura de contos así como da convivencia internivel.

A continuación (no adxunto), deixámosvos unha mostra de como desfrutaron todos e todas.

 

Algo máis se está tecendo na biblioteca do cole e en breve volo imos contar!!!

Se algo queredes saber non dubidedes en preguntar.

 

Día das escritoras, 16 de outubro

 

 

O día de 16 de outubro conmemoramos o día das escritoras. Para iso desde a biblioteca propuxéronse diversos retos para todo o alumnado, a través dos cales, así como dos seus libros, puideron coñecer a vida e obra de algunhas das escritoras galegas. Deixámosvos unha mostra de como a investigación e creatividade foron claves para o seu desenvolvemento.

 

Preme no adxunto para poder ver o video.

CURSO 22.23

 

CENTROS DE INTERESE

- O XIRASOL:

neste vimos diferentes propostas como a de debuxo libre con bodegón no recanto de arte 

formación de léxico significativo con letras móviles no recanto de lecto-escritura 

conteo con números de madeira e corespondencia en imaxe 

experimentación coas diferentes partes da planta do xierasol 

preme aquí! 

- O OUTONO:

a nosa tradicional saía en busca de elementos da natureza 

visionado de paisaxes coas gafas de realidade virtual 

experimentación na mesa de espello con elementos naturais propios da época 

preme aquí!

- SAMAÍN  

preme aquí!

- NADAL

 como novidade calendario de advento

preme aquí!

PROXECTO

Paralelamente iniciamos o noso proxecto de aula sobre ÁFRICA partindo do PDI de centro xurdido da Biblioteca Escolar sobre os continente.

- Búsqueda do continente e interpretación de mapas

preme aquí!

 

O NOSO CONTO (TEXTO LITERARIO)

preme aquí!  

 

Powered by Drupal - Design by artinet