Blogue de admin

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

O VENRES 23 DE OUTUBRO tivemos unha sesión de contacontos no auditorio do concello para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS que se celebra o 24 de outubro.

 

 

                  

Os tres contos: O CONTO DE NICOLÁS, CON TANGO SOMOS TRES E A FAMILIA DOS PORCOS   versaron sobre os diferentes tipos de familias e o importante papel das nais na familia, moitas veces non recoñecido polos demáis membros da familia.

GRACIAS AO CONCELLO POLA INVITACIÓN.

     

 

DANIELA PIRATA

O xoves 17 o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria realizaron a súa primeira saída cumplindo coas medidas  de seguridade. Foron invitados polo concello  ata a biblioteca municipal para asistir a unha sesión de contacontos " DANIELA PIRATA".

   

DÍA DA BIBLIOTECA 2019

O xoves 24 de outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA con diferentes actividades.

Durante a semana estivemos traballando para comenzar coa decoración da Biblioteca de Aula.

Quedaron así de chulas

                                                      
                                                      

 

 O alumnado explicoulles aos compañeiros QUE É UNHA BIBLIOTECA PARA TI? con redaccións e debuxos.

                                     
                                    

 

 Arrancaron as MOCHILAS VIAXEIRAS.

 

 Fixemos unha exposición de LIBROS PARA LEVAR. O alumnado interesado puido levalos para a súa casa.

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO O UNIVERSO

Este curso traballamos sobre O UNIVERSO. Aquí vos deixamos un video do traballo realizado neste proxecto.

 

 

 

CURSO 2018 -19

Aquí vos deixamos un video resumen do curso que remata. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE. FELIZ VERÁN!!!!!!!!!!!

GUYI - GUYI

Xoves, 25 de abril o alumnado de ED. Infantil foi ver GUYI - GUYI.

Guyi-Guyi é un cocodrilo que, por un azar da natureza, nace nunha familia de patos. Guyi-Guyi vive feliz coa súa familia ata que un día pérdese e atópase cun cocodrilo. Cando se decata que os cocodrilos comen patos, o noso protagonista pasará por diferentes dificultades para conseguir ser el mesmo.
A través do xogo e o humor buscamos reflexionar sobre o medo á diferenza e aos prexuicios que arroxamos sobre aquilo que se comporta de xeito distinto ao que esperamos.


 

BURBUJAS DE PAPEL

 Mércores, 6 de febreiro. ED. Infantil foi ver:

Ganadora do Premio ao mellor espectáculo familiar 2014 na Feira de Teatro de Castilla-León (Cidade Rodrigo). Este espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga desde a imaxinación do nen@ para ir a un mundo fantástico. Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece a unha hada travesa que lle axudará a conseguir o seu obxectivo, devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo

 

 

 

Antes de ver a obra o alumnado asistiu a unha visita ao Café Moderno.

Alí contáronlle o conto de A Galiña Azul, faláronlle dos persoeiros famosos da vila de Pontevedra e ata colorearon a careta do loro Ravachol.

 

De camiño para o autobús tamén poidemos disfrutar dos columpios da alameda.

 

 

DÍA DO LIBRO 2019

 

Celebramos o DÍA DO LIBRO con varias actividades: 

 MARTES 23 DE ABRIL

Apadriñamento lector. O alumnado de 5º e 6º leron varios contos aos seus compañeiros.

 

  

 

                 LIBRO                  LIBRO

 

LIBRO LIBRO LIBRO

 

VENRES 26 DE ABRIL

LAS AVENTURAS DE MARCO POLO E MAXIA

 

   

Polo cole apareceu o mago MARTÍN acompañado do libro LAS AVENTURAS DE MARCO POLO.

Descubrimos as viaxes de Marco Polo rodeados dun espectáculo de maxia e música.

Como disfrutamos sendo os seus axudantes.

 

 

Aquí vos deixamos un video para que vexades que ben despedimos a actuación. 

 

 

 

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA 2018

Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA cun recitado de poesías. 

                               
     
                           
     
           

O alumnado decorou con fermosos debuxos as poesías que recitaron e con elas fixemos un gran mural no corredor.

 

 Tamén empezaron a súa andaina as MOCHILAS VIAXEIRAS

                

 

 

REVISTA O RILLOTE 2015/2016

Boas a tod@s, 
 
este curso fixemos un montón de activiades divertidas!!!!!
 
A modo de resumo e complemento educativo, pareceunos unha idea estupenda publicar unha revista co máis destacado!!!
 
Facendo Click no enlace seguinte, podedes desfrutar da súa lectura!!
 
 

REVISTA O RILLOTE 2015/2016

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet