Para ver o menú pinchar aquí
Comedor
PROGRAMA ECOCOMEDORES
MENÚ SETEMBRO - IMPRESOS COMEDOR
Para ver o menú de setembro pinchar aquí
Recordamos que para ser usuario do servizo de comedor deberán entregar no centro debidamente cuberto o Anexo II antes do 07 de setembro.
Tamén recordar que o prazo para entregar a documentación coa finalidade de ser colaborador do comedor no presente curso estará aberto ata o 07 de setembro.
COMEDOR 2022/2023
Estimadas familias:
Segundo a Instrución 2/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022-2023, para poder ser usuario deste servizo haberá que entregar no centro o modelo de autodeclaración (Anexo II) antes do día 07 de setembro (A renda neta per cápita familiar corresponderá ao ano 2021).
Para colaborar no comedor, haberá que entregar o Anexo III desta Instrución debidamente cuberta e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais, ademais de certificación acreditativa dunha entidade financeira onde dispoñan de conta. O prazo para entregar a documentación remata o día 07 de setembro.
No caso de que o alumnado presente algún tipo de intolerancia alimentaria ou teña que seguir unha dieta en concreto será necesario presentar certificado médico correspondente.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »