Novas

OBRADOIRO TEATRO

Onte, 28 de novembro, dou comezo o obradoiro de teatro proposto polo Concello de Dumbría como actividade complementaria no noso centro para o curso de 3/4 de Educación Primaria.

DUMBRÍA 2024 - PROXECTO XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS

Estimadas familias:

Este curso o centro realizará un proxecto chamado “Dumbría 2024” que consistirá en recrear uns Xogos Olímpicos e Paralímpicos.

 

Nestas semanas xa fixemos unha actividade que consistía en recrear a bandeira olímpica cos cinco aros. Cada aula foi a encargada de un aro.

A seguinte actividade consistirá en que o alumnado do centro coa colaboración da súa familia elabore o logo dos nosos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Dumbría 2024. O pasado venres, o alumnado de Proxecto Competencial de 5º e 6º fixo unha presentación dos requisitos que debe ter o noso logo e describiu algúns exemplos para orientar a todos os seus compañeiros e compañeiras.

A data límite para que o alumnado presente a súa proposta do logo de Dumbría 2024 é o venres, 1 de decembro.

NOVOS LOBOS

Onte, 20 de novembro, tivo lugar no noso centro para todo o alumnado o espectáculo "Novos Lobos" organizado pola ANPA "15 de maio" e a Federación Provincial de ANPAS da Coruña.

 

NOVOS LOBOS

Estimadas familias:

O vindeiro luns, 20 de novembro, todo o alumnado do centro asistirá a un espectáculo de monicreques en prol da igualdade de xénero titulado "Novos lobos" organizado a través da ANPA "15 de maio" e a Federación Provincial de ANPAS da Coruña.

O evento terá lugar nas instalacións do centro.

DÍA NON LECTIVO - 13 DE OUTUBRO

Estimadas familias:

Comunicámoslles que a Xefatura Territorial de A Coruña autorizou como día non lectivo o 13 de outubro, polo que non haberá clase. Recordámoslles que o 12 de outubro é festivo nacional.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

CERTAME PRIMARIA - TERRITORIO VÁKNER

O 30 de setembro, nas instalacións do Conco (Dumbría), entregáronse os premios do III Certame Literario "Territorio Vákner" correspondentes ao ano 2023.

A nosa ex-alumna, Mireia Traba Ronquete, recibiu o primeiro premio na categoría de primaria.

A nosa ex-docente e titora da alumna anteriomente mencionada no curso 2022-2023, María de la Soledad Piñeiro Martínez, recibiu o primerio premio na categoría de primaria correspondente aos centros escolares.

 

CAMBIO HORARIO CENTRO

Estimadas familias:

Recordámoslles que nos meses de outubro a maio o horario do centro será de 10.00 a 13.20 horas polas mañás, co servizo de comedor máis o seu recreo de 13.20 a 14.50 horas, e polas tardes, de 14.50 a 16.30 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

INFORMACIÓN

Estimadas familias:

Comunícaselles que o día 08 de setembro será festivo local no concello de Dumbría polo que o centro educativo permanecerá pechado.

Tal como se publicou anteriormente, as clases comezarán o día 11 de setembro no horario de 09.30 a 14.30 horas (Comedor: 14.30 - 15.15 horas).

Recórdaselles tamén que aquelas familias que aínda non entregaran o modelo de autodeclaración para ser usuario de comedor teñen que traelo canto antes. Este modelo poden descargalo a través da páxina web do centro.

Por último, debido ao pouco número de colaboradores apuntados para o comedor, esténdese o prazo para anotarse ata o 22 de decembro. A documentación que será preciso entregar está "colgada" na páxina web do centro.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

CONTACTO MES DE AGOSTO

Pola presente comunicamos que aquelas persoas que queiran contactar co centro educativo no mes de agosto poderán facelo a través do correo electrónico do centro: 

ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

INICIO CURSO 2023/2024

Estimadas familias:

Segundo a Orde do 03 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 a impartición efectiva das clases e funcionamento do comedor comezará o día 11 de setembro.

Recordamos que nos meses de setembro e xuño o horario de clases será de 09.30 a 14.30 horas e o servizo de comedor de 14.30 a 15.15 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet