Novas

REPARTO DE ALIMENTOS DO COMEDOR DO CENTRO

Estimadas familias:

Atopámonos na situación de que no presente curso 2019/2020 non se reiniciará o servizo de comedor, polo que se tomou a decisión de repartir aqueles alimentos existentes nas dependencias do comedor entre as familias da nosa comunidade educativa.

O día no que se poderá recoller tales alimentos será unicamente mañá, 02 de xuño, de 10.00 a 13.20 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO - IMPRESOS DE COMEDOR

Estimadas familias:

Segundo a Resolución do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as. Polo tanto, desde o día 25 de maio, xa se pode solicitar cita para vir recoller este material.

Con respecto aos impresos de comedor correspondentes ao mes de marzo, xa están dispoñibles para a súa recollida no centro. Tamén se pode facer entrega dos impresos pagados correspondentes a meses anteriores.

Para estes efectos, a dirección do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría, atenderá as correspondentes peticións con cita previa, chamando ao 881880654, co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá as medidas de prevención.

O horario do centro será de Luns a Venres, de 10.00 a 13.00 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

No día de hoxe, saíu publicada no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2020/2021.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde o día 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos inclusive. O horario de atención ao público será de Luns a Venres, de 10.00 a 13.00 horas. É de obrigado cumprimento o respecto ás medidas de prevención e hixiene (uso de mascarilla...). Tamén se poden recoller os impresos no centro.

As solicitudes poderán presentarse por vía telemática empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenxa xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

A data máxima para a devolución de libros empregados neste curso 2019/2020 en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria será o 07 de xullo, inclusive (se é posible, para unha mellor organización no centro, realizar esta devolución ata o 19 de xuño).

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO E OUTROS PROCEDEMENTOS

Estimadas familias:

No día de hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 05 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos no Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. No ámbito educativo estableceu os seguintes acordos:

  • Acordo sobre o reestablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
    • O prazo iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
    • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: do 01 ao 10 de xullo.
  • Acordo polo que se modifican as instrucións de presenza dos equipos directivos e doutro persoal nos centros educativos de ensino non universitario.
    • A partir do día 11 de maio, é obrigada a presenza do director ou profesor responsable os días precisos para a realización dos trámites de escolarización e presentación da documentación ou doutros procedementos. Polo tanto, o centro educativo permanecerá aberto desde o día 11 de maio, de 10.00 a 13.00 horas, para atender este tipo de trámites ou outros procedementos.

Para calquera dúbida, poden chamar ao 881880654 ou enviar correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal


Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

COMUNICADO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CON RESPECTO AO TERCEIRO TRIMESTRE E FINAL DE CURSO 2019/20

Segundo comunicado da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o próximo día 15 de abril, os centros escolares disporemos dunhas instrucións coas medidas concretas para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020.

O EQUIPO DIRECTIVO

 

INSTRUCIÓNS PARA A TRAMITACIÓN DAS AXUDAS A COMEDORES (COVID-19)

Estimadas familias:

As instrucións para a tramitación das axudas a comedores (COVID-19) son as seguintes:

  1. O prazo de presentación das solicitudes comeza mañá, día 31 de marzo, e remata o día 6 de abril, ambos incluídos.
  2. A solicitude normalizada que figura como anexo á orde publicada hoxe está destinada preferentemente para o uso das familias que a utilicen como medio de solicitude á sede electrónica. Poden acceder ao anexo a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/sites/diredu/files/novas/files/ORDE_do_27_de_marzo_2020.pdf
  3. O modelo de solicitude tamén se pode utilizar polas familias para enviar os datos ao centro educativo por correo electrónico coa finalidade de capturar os datos bancarios. O correo do centro é o seguinte: ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
  4. Para as familias ás que lles resulte difícil acceder á sede electrónica ou completar o anexo e remitilo ao centro educativo considérase válida a obtención do consentimento da familia e dos seus datos bancarios mediante os seguintes métodos:
    • Whatssap da familia ao membro do equipo directivo no que conste o número de conta e a vontade de solicitar a axuda; ademais, deberá figurar o DNI do pai/nai, nome e apelidos do pai/nai, tipo de pagamento (gratuíto ou abono 1 euro) e nome e apelidos do alumno/a. O número ao que mandar ao whatssap é o seguinte: 680486387 (Daniel Mato Neira: Director).
    • Chamada telefónica dende a familia ao centro (o número sería 680486387 - Daniel Mato Neira, Director) na que se acredite a intención da familia de solicitar a axuda, a identidade do interlocutor que dí ser proxenitor (o centro directivo poderá formular as preguntas que estime oportunas para verificar a identidade do interlocutor).
    • Correo electrónico sen adaptarse ao anexo no que conste a intención da familia de solicitar a axuda, DNI do pai ou da nai, tipo de pagamento (gratuíto ou abono 1 euro), nome e apelidos do alumno/a, nome e apelidos do pai/nai e o número de conta.

As solicitudes de xeito telefónico atenderanse no seguinte horario: de 10.00 a 13.00 horas.

Por último, recordarlles que estas axudas están destinadas unicamente ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro.

Atentamente,

EQUIPO DIRECTIVO

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:   

Hoxe, sae publicada no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 27 de marzo 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento.

Segundo esta orde, poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados polaConsellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

Determínase que o prezo máximo a satisfacer é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50€) no caso de gratuidade total e de un euro e cincuenta céntimos (1,50€) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1€) pola prestación do servizo.

Esta orde compensará os días lectivos (días de clase) correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta. Inclúen tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma calcúlanse os días lectivos ata o 01 de maio.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365). As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo no que se escolarizan as súas fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario específico que anunciarán ás familias (será publicado na páxina web do centro ao longo do día de hoxe).

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 06 de abril, ambos os dous incluídos.

Orde do 27 de marzo de 2020: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf

O EQUIPO DIRECTIVO

CONSULTA DE NOTAS DA SEGUNDA AVALIACIÓN

Estimadas familias:

Atendendo ás instrucións recibidas por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o pasado 27 de marzo, procederase ao peche da segunda avaliación antes do 03 de abril.

Non serán avaliables as actividades relacionadas con contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma.

A consulta de notas do alumnado estará dispoñible a partir do 03 de abril, incluído. Para iso, terán que descargar a aplicación “abalarMóbil” da Xunta de Galicia (No arquivo adxunto aparece unha imaxe da mencionada aplicación).

O EQUIPO DIRECTIVO

SUSPENSIÓN DE CLASES - PROCESO DE ADMISIÓN

Estimadas familias:

Segundo instrucións recibidas nestes dous últimos días por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, procédese á suspensión das clases 14 días naturais contados desde o 16 de marzo.

Para a titorización e atención do alumnado durante este período, as titoras e mestres/as especialistas do noso centro poranse en contacto con vostedes a través das redes sociais ou desde a propia páxina web do colexio: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantaeulaliadumbria

Con respecto ao proceso de admisión de matrícula, tal como establece a última instrución, finalizará 1semana despois do reinicio das clases.

Por último, calquera comunicación ou incidencia relacionada coa problemática actual que desexen establecer co centro escolar, poderá ser a través do correo electrónico do colexio: ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

 

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet