Complementarias

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2024

Para ver a guía de lectura para o verán premer aquí

REVISTA "COUSIÑAS"

Para acceder á revista premer aquí

TOPONIMÍZATE

O mércores 19 de xuño o alumnado de 3º/4º/5º/6º asistiu ao evento "Toponimízate" no Centro Social do Concello de Dumbría.

O alcalde do Concello de Dumbría, Raúl González Lado, o secretario xeral da Lingua, Valentín García e o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, recoñeceron o traballo do autor Modesto García Quintáns, tras realizar unha donación de 8000 microtopónimos de Dumbría que se incorporaron á plataforma Galicia Nomeada.

Durante o evento, o alumnado do centro entregoulle unha serie de traballos e debuxos a Modesto García Quintáns.

 

PRIMEIROS AUXILIOS

 

VÍDEO DESPEDIDA 6º DE PRIMARIA

Aquí tendes o vídeo de despedida do alumnado de 6º de Educación Primaria do curso 2023/2024.

Foi un inmenso pracer teros como alumnos e alumnas! As portas do colexio sempre estarán abertas para vós!

CONCURSO DE BAILE

E os gañadores da semana do 27 ao 31 de maio foron:

ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Dende este luns xa temos operativa a nosa estación meteorolóxica, onde comezamos a recollida de datos das precipitacións, a temperatura mínima e temperatura máxima diarias.

Tras anotar estes datos, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria é o encargado de subilo á plataforma de MeteoGalicia no apartado de MeteoEscolas.

ANDAINA VÁKNER - ROTEIRO LITERARIO

Hoxe, 04 de xuño, o alumnado do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría participou no roteiro literario do Vákner organizado polo Concello de Dumbría:

Ao chegar ao Conco, o Concello de Dumbría proporcionou unha merenda saudable a todo o alumnado e profesores para recucepar forzas.

EXCURSIÓN AQUARIUM FINISTERRAE

 

Powered by Drupal - Design by artinet