Complementarias

ESPAÑA - PORTUGAL AMISTOSO PRE-EUROPEO SUB-18

Hoxe, 09 de abril, o alumnado de Educación Infantil e 1º/2º/3º/4º de Educación Primaria, tiveron a oporturnidade de gozar dun partido amistoso sub-18 entre España e Portugal nas instalacións do Conco (Dumbría).

Foto cos xogadores e corpo técnico de España:

Foto cos xogadores Tiago (Corcubión) e Iago Larrañaga (Dumbría):

Foto cos xogadores e corpo técnico de Portugal:

Fotos da grada de animación:

 

ESPAZOS DE MEMORIA

Hoxe, 03 de abril, para o alumnado de 5º/6º de educación primaria e a través do Concello de Dumbría, tivemos a presentación do proxecto "Espazos da memoria, Monte Pindo", un traballo audiovisual con realidade aumentada, grabacións das historias de vida de persoas maiores, imaxes do monte...

Ademais contamos coa presenza de Pepe do Fieiro.

VISITA ANDREA JARDÍ - DEPORTISTA OLÍMPICA VANCOUVER 2010

Hoxe tivemos a inmensa fortuna de que nos visitara Andrea Jardí, toda unha deportista olímpica, participante nos Xogos Olímpicos de Inverno Vancouver 2010:

CEREMONIA DE APERTURA XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS DUMBRÍA 2024

Para ver os vídeos das actuacións pinchar nos seguintes enlaces:

Entrada no pavillón

Figura humana OLA!

Actuación EI A - Halterofilia

Actuación EI B - Ximnasia

Actuación 1/2 - Esgrima

Actuación 3/4 - Natación

Actuación 5/6 - Piragüismo

Os Xogos Olímpicos e Paralímpicos Dumbría 2024 foron inaugurados polo Sr. Alcalde de Dumbría.

Encendido pebetero

Agradacer a colaboración de toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría para que esta ceremonia resultara posible!

Moitas grazas a todos e a todas!

VISITA UNIVERSIDADE DA CORUÑA INEF - EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado 21 de marzo, o alumnado de Educación Primaria visitou a Facultade de INEF da Universidade de A Coruña en Oleiros.

Durante esta visita, o alumnado de Proxecto Competencial presentou o proxecto “Dumbría 2024” ao alumnado de 3er curso do Grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

 

Ao rematar a presentación visitaron as instalacións da facultade e practicando algúns deportes, como por exemplo atletismo ou judo.

Para terminar damos as grazas a María Belén Toja e Isidoro Hornillos pola súa amabilidade e  hospitalidade durante a nosa visita.

EXPERIMENTOS COS ALIMENTOS: PROCURANDO CARBOHIDRATOS

O alumnado de 4º de educación primaria estivo experimentando cos alimentos na procura de almidón:

SEMANA DA PRENSA

O 07 de marzo tivemos a visita de Carlos Iglesias Castrillón, xornalista de metropolitano.gal (Diario Dixital de Vigo).

O alumnado de primaria estivo traballando noticias de diferentes diarios e ademais elaborando as súas propias a partir de imaxes:

O 08 de marzo tivemos a visita de Ubaldo Cerqueiro, xornalista do diario dixital "Que pasa na costa":

 

Powered by Drupal - Design by artinet