Complementarias

VISITA CINE

Hoxe, 21 de decembro, o alumnado do centro visitou as instalacións dos Cines "A Xunqueira" para visionar a película "Wish":

OBRADOIRO TEATRO

O martes 19 de decembro tivo lugar a segunda sesión do obradoiro de teatro para 1º/2º de primaria:

ACTIVIDADES RECREO COMEDOR

Hoxe, 18 de decembro, foi o turno de 5º/6º de Educación Primaria:

OBRADOIRO TEATRO

Hoxe, 12 de decembro, o alumnaoo de 1º/2º de Educación Primaria gozou do obradoiro de teatro:

OBRADOIRO TEATRO

Onte, 28 de novembro, dou comezo o obradoiro de teatro proposto polo Concello de Dumbría como actividade complementaria no noso centro para o curso de 3/4 de Educación Primaria.

25 N: TODAS AS PALABRAS CONTAN

DUMBRÍA 2024 - PROXECTO XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS

Estimadas familias:

Este curso o centro realizará un proxecto chamado “Dumbría 2024” que consistirá en recrear uns Xogos Olímpicos e Paralímpicos.

 

Nestas semanas xa fixemos unha actividade que consistía en recrear a bandeira olímpica cos cinco aros. Cada aula foi a encargada de un aro.

A seguinte actividade consistirá en que o alumnado do centro coa colaboración da súa familia elabore o logo dos nosos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Dumbría 2024. O pasado venres, o alumnado de Proxecto Competencial de 5º e 6º fixo unha presentación dos requisitos que debe ter o noso logo e describiu algúns exemplos para orientar a todos os seus compañeiros e compañeiras.

A data límite para que o alumnado presente a súa proposta do logo de Dumbría 2024 é o venres, 1 de decembro.

OBRADOIRO TEATRO

Onte, 21 de novembro, dou comezo o obradoiro de teatro proposto polo Concello de Dumbría como actividade complementaria no noso centro.

NOVOS LOBOS

Onte, 20 de novembro, tivo lugar no noso centro para todo o alumnado o espectáculo "Novos Lobos" organizado pola ANPA "15 de maio" e a Federación Provincial de ANPAS da Coruña.

 

NOVOS LOBOS

Estimadas familias:

O vindeiro luns, 20 de novembro, todo o alumnado do centro asistirá a un espectáculo de monicreques en prol da igualdade de xénero titulado "Novos lobos" organizado a través da ANPA "15 de maio" e a Federación Provincial de ANPAS da Coruña.

O evento terá lugar nas instalacións do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet