Complementarias

SAMAÍN 2019

Robótica

A través do Concello de Dumbría, todo o alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbría iniciouse no mundo da Robótica. Foi unha actividade que tivo lugar ao longo dos meses de abril e maio nos recreos do comedor.

MAR NA ESCOLA 2019

Este curso o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo unha nova oportunidade para iniciarse e perfeccionarse en actividades náuticas.

EXCURSIÓN TORRES DO ALLO

No segundo trimestre fomos ás Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galiza. Durante a visita realizamos un percorrido polas súas instalacións, aprendemos os produtos que chegaron ás nosas terras despois do descubrimento de América, prantamos sementes, texemos e xogamos no seu xardín.

SEMANA DA PRENSA 2019

A Semana da Prensa estivo cargada de actividades con xornais locais e autonómicos, en formato papel así como dixital. Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi recibir a visita da poetisa, presentadora de TV, guionista...Yolanda Castaño!

ENTROIDO 2019

Os bolechas

Os Bolechas viñeron ao CEIP Santa Eulalia de Dumbría para ensinar aos maiores o que deben facer cos residuos dos aparellos eléctricos e electrónicos

Campionato Provincial Centros Educativos de Campo a Través

Hoxe, 22 de febreiro, tivo lugar en Noia, o Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Educativos, onde Pablo Costa Carabel, quedou primeiro na súa categoría, alevín masculino.

Día da Paz 2019

Este ano, polo Día da Paz, centrámonos na figura de Wangari Maathai, que gañou o Premio Nobel da Paz en 2004 pola súa contribución á paz no mundo a través do Movemento Verde. Na tradición africana, unha árbore é un símbolo da paz.

 

As árbores que se plantaron foron o ginkgo biloba, o olivo, o castiñeiro e o acivro.

 

 

CAMPIONATO INTERCOMARCAL CAMPO A TRAVÉS 2019

O pasado 25 de xaneiro tivo lugar o Campionato Intercomarcal de Campo a Través en Porto do Son.

 

Os atletas participantes foron Pablo Costa Carabel, en categoría alevín masculino, e Carla Arias Quintáns, en categoría infantil feminino.

 

Pablo Costa Carabel acadou o primeiro posto na súa proba e clasificou para o Campionato Provincial de Centros Escolares que terá lugar en Noia o próximo 22 de febreiro.

Powered by Drupal - Design by artinet